O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Resolución de Alcaldía
Contratar como persoal laboral fixo a Gonzalo Carrillo Bao, con DNI nº ***9652**, para prover unha (1) praza de operaria/o de mantemento e dinamización de instalacións deportivas, grupo C, subgrupo C2, con data de efectos do día seguinte ao da notificación da presente Resolución.
Publicado en teo.gal o 24 de outubro de 2024.
Requirimento documentación operaria/o de mantemento e dinamización de instalacións deportivas, persoal laboral fixo - Proceso estabilización
Aprobar a proposta do Tribunal respecto da contratación de Gonzalo Carrillo Bao, provisto de DNI n.º ***9652**, como persoal laboral fixo, para ocupar a praza de praza de operario de mantemento e dinamización de instalacións deportivas, grupo C2.
Notificar a presente Resolución ao candidato proposto requiríndolle documentación para presentar no prazo de vinte (20) días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da súa notificación.
Publicado en teo.gal a 21 de outubro de 2024.
Acta da sesión do Tribunal para a selección dunha praza de Operario/a de mantemento e dinamización de instalacións deportivas
Publícase a Acta da sesión do Tribunal para a selección dunha praza de Operario/a de mantemento e dinamización de instalacións deportivas. Do mesmo xeito, dáse por rematado o proceso selectivo mediante a publicación da puntuación final total das persoas aspirantes do proceso selectivo, por orde de puntuación, na páxina web municipal (www.teo.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello.
Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da devandita baremación segundo se establece na base oitava.
Publicado en teo.gal a 11 de outubro de 2024.
PUBLICACIÓN DE LISTAS DEFINITIVAS.
Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo para a provisión, dunha praza de operario/a mantemento e dinamización de instalacións deportivas, persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Publicado en teo.gal o 04 de outubro de 2024
LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. OPERARIO/A MANTEMENTO E DINAMIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS. PERSOAL LABORAL FIXO.
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de operario/a mantemento e dinamizaicón de instalacións deportivas, persoal laboral fixo.
Consulta aquí a listaxe provisional.
As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.
O prazo esténdese do 25 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2023.
ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. OPERARIO/A DE MANTEMENTO E DINAMIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS. ESTABILIZACIÓN.
Proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da lei 20/2021, do 28 de decembro.
O BOE número 301 do 16 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de operario/a de mantemento e dinamización de instalacións deportivas, en réxime laboral, grupo C, subgrupo C2.
Consulta aquí o anuncio completo.
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer mediante o sistema de concurso a praza de operario/a de mantemento e dinamización de instalacións deportivas.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado".
O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 17 de decembro de 2022 ao 16 de xaneiro de 2023.
Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso.
Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2022.
ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. OPERARIO/A DE MANTEMENTO E DINAMIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS.
O DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Consulta aquí o anuncio completo.
O anuncio inclúe a convocatoria da praza de operario/a de mantemento e dinamización de instalacións deportivas, en réxime laboral, grupo C, subgrupo C2.
Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.
BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. PRAZA DE ANIMADOR/A DEPORTIVO/A.
O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO
O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Convócase da praza de operario/a de mantemento e dinamización de instalacións deportivas, en réxime laboral, grupo C, subgrupo C2.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022,de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí
Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.
Attachment | Size |
---|---|
anuncio BOE - 16.12.22_12.pdf | 190.19 KB |
anuncion dog estabilizacion_0_12.pdf | 411.82 KB |
bases estabilizacion disposicions 6 e 8 _12.pdf | 252.57 KB |
Instancia_estabilización_concurso_12.pdf | 67.21 KB |
Listas provisionais_op_instalacións_dep.pdf | 52.67 KB |
Listas definitivas_op_instalacións_dep.pdf | 64.24 KB |
Acta tribunal operario instalacións deportivas.pdf | 144.64 KB |
Resolución requirimento contratación.pdf | 50.6 KB |
CONTRATACION_persoal laboral fixo_mantemento instalacions deportivas.pdf | 51.43 KB |