O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

PEL-Reactiva Teo. Pagamento das axudas.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Dentro do programa Pel Reactiva publícase o pagamento das axudas establecidas na convocatoria PEL Reactiva: fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña.

Consulta aquí a resolución de pagamento coa listaxe de beneficiarios/as e importes concedidos. 

Publicado en teo.gal o 25 de maio de 2021. 

Publícase a concesión definitiva das axudas establecidas na convocatoria PEL Reactiva: fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña.

Consulta aquí a resolución completa coa concesión definitiva das axudas establecidas na convocatoria do PEL Reactiva. 

A partir de agora ábrese un prazo para xustificar as axudas desde o 19 de febreiro ata o 31 de marzo ás 23.59. 

Documentación necesaria para realizar a xustificación. 
Para facer efectiva a xustificación, as persoas autónomas e empresas beneficiarias da axuda deberán presentar na sede electrónica do Concello de Teo a seguinte documentación actualizada:

  • Certificado da conta bancaria
  • Contratos de traballo (no caso de ter persoas asalariadas ao seu cargo)
  • Certificado de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT e coa TXSS.
  • Certificado de estar ao dia no cumprimento das obrigas tributarias coa CC.AA. de Galicia (Atriga).
  • Xustificantes de gasto ou facturas electrónicas escaneadas, efectivamente pagadas dentro do período subvencionable. Ditas facturas deberán vir acompañadas do documento xustificativo do pago: transferencia bancaria, cheque nominativo, cargo, ingreso en conta ou calquera outra modalidade de pagamento bancario, sempre que en todo caso quede identificada a persoa ordenante (perceptora da subvención) e a persoa beneficiaria (provedora do ben ou servizo); non obstante, para os pagamentos de gasto que non excedan de 150 € abondará co recibín do perceptor inserido no propio documento de gasto.
  • Declaración responsable actualizada na que se acredite a redución efectiva de ingresos no periodo establecido na convocatoria. (Só no caso das solicitudes do grupo II)
  • Fotografia do cartaz polo que se lle da publicidade ao carácter público do financiamento da actividade realizada, no que a concesión da axuda figurará expresamente. O cartaz deberá estar exposto nun lugar visible do centro de traballo, incluirá os logotipos do Concello e da Deputación e fará mención expresa ao Plan de Emprego Local desta última. Ditos logos foron enviados aos enderezos electrónicos que figuraban nas solicitudes.

Forma de presentación da xustificación: Sede electrónica "achega de documentación"

Publicado en teo.gal o 18 de febreiro de 2021. 

Publícase a concesión provisional das axudas establecidas na convocatoria PEL Reactiva: fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña. 

Consulta aquí a resolución completa coa concesión provisional das axudas establecidas na convocatoria do PEL Reactiva. 

Concédese un prazo de 10 días hábiles para presentar, de ser o caso, a desistencia da solicitude ou as alegacións que se consideren oportunas. No caso de non formular desistencia expresa, a subvención considerarase aceptada tacitamente. Dito prazo comezará ao día seguinte ao da publicación da presente na web do Concello de Teo que se fai efectiva o 22 de xaneiro. Deste xeito o prazo de alegacións será do 25 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2021.  

Publicado en teo.gal o 22 de xaneiro de 2021. 

Publícase a corrección do decreto 25/2021 de 13 de xaneiro de 2021. Pel Reactiva. Lista definitiva de solicitudes de axudas admitidas e excluídas dentro da convocatoria de axudas do Concello de Teo para a reactivación económica e social da provincia.

Consulta aquí o decreto completo de corrección de erros. 

Publicado en teo.gal o 21 de xaneiro de 2021. 

Pel Reactiva. Publícase a lista definitiva de solicitudes de axudas admitidas e excluídas. Convocatoria de axudas do Concello de Teo para a reactivación económica e social da provincia.

Consulta aquí a lista definitiva completa. 

Publicado en teo.gal o 13 de xaneiro de 2021

Pel Reactiva. Publícase a listaxe provisional de solicitudes de axudas admitidas e excluídas da Convocatoria de axudas do Concello de Teo para a reactivación económica e social da provincia. 

Publícase a aprobación da listaxe de solicitudes admitidas e excluídas ademais do motivo da exclusión. 

Consulta aquí a listaxe de solicitudes que deben subsanar documentación. 

As solicitudes excluídas, ou as omitidas, na relación de solicitudes de axudas Pel Reactiva admitidas e excluídas, disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente na web do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. As persoas traballadoras autónomas ou empresas que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídas na relación de solicitudes admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso e perderán o dereito á percepción da axuda solicitada. De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional de solicitudes de axuda PEL Reactiva admitidas e excluídas elevarase a definitiva.

O prazo de subsanación comeza o 7 de decembro e remata o 21 de decembro e as subsanacións deben facerse a través da Sede electrónica do Concello premendo aquí

Publicado en teo.gal o 4 de decembro de 2020. 

O procedemento de "Solicitude de axudas PEL-REACTIVA" ten por obxecto xestionar e controlar as axudas solicitadas polas persoas autónomas e microempresas para paliar o impacto económico e social ocasionado polo COVID-19, convocadas ao abeiro do FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA DESTINADO AOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES (PEL-Reactiva), do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña. (Ver Bases)

A presentación de solicitudes farase exclusivamente a través da Sede Electrónica do Concello ao que podes acceder premendo aquí.

Quen pode presentar estas solicitudes?

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

  • Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, de 17 de marzo.

Para os efectos destas Bases, para a consideración de microempresa atenderase ao indicado no Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, de 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) L 187, do 26 de xuño de 2014, segundo o cal a categoría de microempresa está constituída por aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de €.

Requisitos das persoas beneficiarias
Con carácter xeral, os beneficiarios/as das axudas, deberán cumprir cos seguintes requisitos:

  • Ter o seu domicilio fiscal no municipio adherido a PEL-REACTIVA ao que presenta a solicitude.
  • Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT e coa TXSS.
  • Non ter débeda algunha co concello.
  • Estar ao dia no cumprimento das obrigas tributarias coa CC.AA. de Galicia e coa Deputación da Coruña.
  • Cumprir coas obrigas previstas na Base 14.

Requisitos específicos das persoas físicas
Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

Requisitos específicos das persoas xurídicas
A data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición, no rexistro público correspondente, debe ser anterior á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

Exclusións
Quedan expresamente excluídas destas axudas as asociacións, as comunidades de propietarios en réxime de propiedade horizontal, as administracións públicas, organismos públicos, entes dependentes, as congregacións e institución relixiosas, as Unións Temporais de Empresas, as comunidades de bens, as herdanzas xacentes así como as sociedades civís sen personalidade xurídica propia e demais entidades carentes da mesma.

Cómo, onde e cando facer o proceso de solicitude: 

De forma telemática premendo aquí

Desde o día 14/11/2020 ata ás 14:00 horas do día 25/11/2020.

Documentación: 

  • Solicitude de axudas PEL-REACTIVA.
  • NIF/NIE ou CIF segundo corresponda (só se o presentador defire do interesado). 
  • Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigas.
  • Certificado actualizado de Situación Censal da Axencia Estatal Tributaria.
  • Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesourería xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores/as.
  • Beneficiarios do Grupo II: Acreditación da redución de ingresos no segundo trimestre fiscal de 2020, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro de rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaración de IVE, IRPF.
  • Beneficiarios do Grupo III: Documento acreditativo da situación de ERTE

Podes solicitar máis información chamando ao 981.815.721 ou ao 981.815.700. Tamén podes escribir a aedl@teo.gal.   

pel