O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
CORRECCIÓN DE ERROS. TAXA DE PARTICIPACIÓN.
Corríxese a ligazón para poder entrar na oficina virtual tributaria do Concello de Teo:
Para tomar parte no presente proceso selectivo, deberá abonarse a contía de VINTE EUROS (20,00 €), en concepto de dereitos de exame, establecida na Ordenanza Fiscal correspondente. Para facer o pagamento deberá seguir as seguintes instrucións: Xerar o impreso de autoliquidación na oficina virtual tributaria do Concello no seguinte enlace https://ovtteo.dacoruna.gal/ga/ e escoller a opción en trámites destacados “Autoliquidar e pagar taxas”. Deberán cumprimentarse os datos Número de anuncio 2025/8341 Página 3 / 12BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA Mércores, 17 de decembro de 2025 BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA [Número 241] Miércoles, 17 de diciembre de 2025 persoais e, seguidamente, escoller a opción “EXP DOC. ACT ADM E OUTROS DOC”, escollendo a tarifa do Grupo C1 OU ASIMILADO.
Publicado en teo.gal o 12 de marzo de 2026.
--- X ---
CORRECCIÓN DE ERROS.
Corrixir os erros materiais detectados no Anexo II da Resolución da Alcaldía nº 1593/2025, de 11 de decembro, que aprobou as bases e a convocatoria, en réxime funcionarial, pola quenda de acceso libre, dunha (1) praza de administrativa/o, mediante o sistema de oposición, quedando redactado o tema 22 como segue: “22. Normativa galega en materia de igualdade: Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, título preliminar e títulos I, II e III”.
Publicado en teo.gal o luns, 9 de marzo de 2026.
--- X ---
ANUNCIO no BOE da convocatoria e das bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionaria/o de carreira, dunha praza de administrativo.
Resolución do 18 de febreiro de 2026, do Concello de Teo (A Coruña), referente á convocatoria para proveer unha praza de Administrativo/a, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa e clase Auxiliar, polo sistema de oposición, en turno libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar desde o seguinte día da publicación desta resolución no «Boletín Oficial del Estado», é dicir, do 2 ao 30 de marzo, ambos incluídos.
Publicado en teo.gal o venres, 27 de febreiro de 2026.
--- X ---
ANUNCIO da convocatoria e das bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionaria/o de carreira, dunha praza de administrativo.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo núm. 1593/2025, do 11 de decembro, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime funcionarial, pola quenda de acceso libre, dunha (1) praza de administrativa/o, mediante o sistema de oposición, correspondente á oferta de emprego público 2024.
O prazo comezará a contar desde a súa publicación no BOE.
Publicado en teo.gal o mércores, 18 de febreiro de 2026.
--- X ---
O BOP número 241, do 17 de decembro de 2025, publica o anuncio da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionaria/o de carreira, dunha (1) praza de administrativa/o, Área de Servizos Xerais, correspondente á oferta de emprego público 2024.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1593/2025, de 11 de decembro, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime funcionarial, pola quenda de acceso libre, dunha (1) praza de administrativa/o, Área de Servizos Xerais , mediante o sistema de oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio da devandita Resolución no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e que poden consultar no arquivo adxunto.
Publicado en teo.gal o mércores, 17 de decembro de 2025.
| Attachment | Size |
|---|---|
| 1 Anuncio BOP publicado_bases.pdf | 187.62 KB |
| AnuncioL182-270126-0001_gl.pdf | 324.91 KB |
| BOE - 27.02.2026.pdf | 179.74 KB |
| 6. Resolución_corrección_erros.pdf | 109.53 KB |