O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publicación no BOP número 228 da Resolución da Alcaldía 1018/2023, de 25 de agosto, resolveu o nomeamento como funcionaria de carreira de María Jesús Viña Feás, con DNI núm. ***0741**, para ocupar a praza de auxiliar administrativa, subgrupo C2, correspondente á OEP 2021, pola quenda de promoción interna.
Nomeamento como funcionaria de carreira
A Resolución da Alcaldía n.º 1019/2023, de 25 de agosto, do Concello de Teo acordou nomear como funcionaria de carreira, pola quenda de promoción interna, a María Jesús Viña Feás, con DNI nº ***0741**, para prover unha (1) praza de auxiliar administrativa, adscrita á Concellería de Cultura, Turismo, Festas Tradicionais e Festexos
Publicado en teo.gal o 25 de agosto de 2023.
REQUERIMENTO DOCUMENTACIÓN PARA NOMEAMENTO
Publícase a resolución pola que se aproba a proposta do Tribunal respecto do nomeamento de María Jesús Viña Feás, provista de DNI nº ***0741**, como funcionaria de carreira, para a provisión dunha praza de auxiliar administrativa, grupo C2.
Requíreselle á candidata que presente a documentación conforme ao previsto nas Bases.
Non se fai pronunciamento expreso respecto da creación da bolsa de emprego ao non existir persoas aspirantes para integrarse naquela.
Publicado en teo.gal o 25/08/2023.
PROPOSTA DE NOMEAMENTO COMO AUXILIAR ADMINISTRATIVO, FUNCIONARIO DE CARREIRA. Promoción interna.
Publícase a resolución pola que se aproba a proposta do Tribunal respecto do nomeamento como auxiliar administrativo, funcionario de carreira, de María Jesus Viña Feás, provistado DNI ***0741**. Realizado polo sistema de promoción interna, correspondente á oferta de emprego público do 2021 do Concello de Teo.
Consulta aquí a resolución completa.
Publicado en teo.gal o 18 de agosto de 2023.
ACTA DE VALORACIÓN DO SEGUNDO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN
Publícase a acta coas puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no segundo exercicio da fase de oposición no Concello de Teo, lugar no que se realizou o exercicio, concedéndose un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, prazo que se contará dende a derradeira publicación nos lugares indicados.
Publicado en teo.gal o 13 de xullo de 2023.
Publícase a acta de valoración do primeiro exercicio da praza de auxiliar administrativo. Promoción interna.
Publícase a acta coas puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio da fase de oposición no Concello de Teo, lugar no que se realizou o exercicio, e concédese un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións.
Así mesmo, nesa mesma acta tamén se publica o contido do primeiro exercicio da fase de oposición e as respostas correctas.
Publicado en teo.gal o 30 de xuño de 2023.
BAREMACIÓN E DATA PRIMEIRO EXAME. PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA. PROMOCIÓN INTERNA.
Publícase o resultado da baremación das persoas aspirantes no proceso para proveer una praza de auxiliar administrativo por promoción interna.
Consulta aquí a baremación
Os aspirantes disporán dun prazo de 5 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións obtidas, para formular alegacións. O prazo vai do 16 ao 22 de xuño de 2023.
O primeiro exercicio da fase de oposición será o 26 de xuño ás 11:00 horas no Salón de plenos.
Publicado en teo.gal o 15 de xuño de 2023.
LISTAXE DEFINITIVA. PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA. PROMOCIÓN INTERNA.
Publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria para proveer una praza de auxiliar administrativo por promoción interna.
Consulta aquí a listaxe
Convócase aos membros do tribunal cualificador para o día 6 de xuño de 2023 ás 10.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.
Publicado en teo.gal o 1 de xuño de 2023.
LISTAXE PROVISIONAL. PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA. PROMOCIÓN INTERNA.
Publícase a listaxe provisional de persoa admitidas e excluídas na convocatoria para proveer una praza de auxiliar administrativo por promoción interna.
Consulta aquí a listaxe
De conformidade co previsto na Base sexta das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta Resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. O prazo vai do 12 ao 25 de abril.
De non se presentar reclamacións ou correccións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas
admitidas e excluídas elevarase a definitiva.
Publicado en teo.gal o 11 de abril de 2023.
ANUNCIO NO BOE DA CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO (PI)
O BOE número 57 do 8 de marzo de 2023 publica a resolución de 3 de febrero de 2023, do Concello de Teo (A Coruña), referente á convocatoria para proveer una praza de auxiliar administrativo por promoción interna.
Consulta aquí o anuncio completo publicado no BOE.
Descarga aquí a instancia para participar no proceso.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOE.
Deste xeito o prazo esténdese do 9 de marzo ao 5 de abril de 2023.
Publicado en teo.gal o 8 de marzo de 2023.
ANUNCIO NO DOG DAS BASES DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/A (PROMOCIÓN INTERNA)
No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 23, do 2 de febreiro de 2023, publícanse integramente as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de auxiliar administrativa/o, funcionaria/o de carreira, quenda de promoción interna, proceso selectivo de concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento dos procesos selectivos efectuaranse de conformidade co previsto nas devanditas bases.
Publicado en teo.gal o 2 de marzo de 2023.
PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE PROMOCIÓN INTERNA, DUNHA (1) PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O, FUNCIONARIA/O DE CARREIRA, CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2021
O BOP número 23 do 2 de febreiro de 2023 publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de auxiliar administrativa/o, funcionaria/o de carreira, correspondente á oferta de emprego público 2021.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 114/2023, de 27 de xaneiro, aprobou as bases xerais, específicas e a convocatoria do proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de auxiliar administrativa/o, funcionaria/o de carreira, correspondente á oferta de emprego público 2021.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
As bases reguladoras que rexerán a convocatoria pódense consultar premendo aquí
Publicado en teo.gal o 3 de febreiro de 2023