O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Prazas de administrativa/o (2). Promoción interna e funcionarización

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

ANUNCIO DE NOMEAMENTO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE TEO

Publicadas no Boletín Oficinal da Provincia da Coruña a resolución da Alcaldía núm. 06/24, do 2 de xaneiro de 2024 resolveu nomear como funcionaria de carreira, pola quenda de promoción interna, a María Jesús Bouzas Piñeiro, con DNI nº ***0678**, para prover unha (1) praza de administrativa, adscrita á Administración Xeral.

Tamén se publica a resolución da Alcaldía núm. 55/24, do 17 de xaneiro de 2024 resolveu o nomeamento como funcionaria de carreira, pola quenda de promoción interna, a Ana María Arias Díaz, con DNI nº ***7522**, para prover unha (1) praza de administrativa, adscrita aos Servizos Económicos.

 

REQUIRIMENTO DOCUMENTACIÓN PROMOCIÓN INTERNA - FUNCIONARIZACIÓN ADMINISTRATIVAS

Pubícase a Resolución da Alcaldía pola que se aproba a proposta do Tribunal respecto do nomeamento de Ana María Arias Díaz, provista de DNI nº ***7522**, e de María Jesús Bouzas Piñeiro, provista de DNI nº ***0678**, como funcionarias de carreira, para a provisión de dúas (2) prazas de administrativa, grupo C1.

Publicado en teo.gal o 19 de decembro de 2023.

ACTA DA SESIÓN DO TRIBUNAL PARA A SELECIÓN DE DÚAS (2) PRAZAS DE ADMINISTRATIVA/O, POLO SISTEMA DE PROMOCIÓN INTERNA E A SÚA FUNCIONARIZACIÓN

Publícase a acta pola que se fai pública a puntuación acadada polas persoas aspirantes e convócase ás persoas aspirantes para a realización do segundo exercicio da fase de oposición para o día 7 de novembro de 2023, ás 10:00 horas, no Salón de Plenos do Concello.

Publicado en teo.gal o 18 de outubro de 2023.

Resultado do primeiro exercicio do proceso para a selección

Publícase o o anuncio do resultado do primeiro exercicio do proceso para a selección de dúas (2) prazas de administrativa, polo sistema de promoción interna e a súa funcionarización.

Publicado en teo.gal o 16/10/2023

Anuncio de convocatoria para a realización do primeiro exercicio

Publícase o anuncio de convocatoria para a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para a selección de dúas (2) prazas de adminsitrativas, polo sistema de promoción interna e a súa funcionarización.

Publicado en teo.gal o 27/09/2023.

Constitución do tribunal e de resultado da baremación do concurso de méritos

Publícase a acta de constitución do tribunal e de resultado da baremación do concurso de méritos do proceso selectivo para a selección de dúas (2) prazas de adminsitrativas, polo sistema de promoción interna e a súa funcionarización.

Publicado en teo.gal o 19/09/2023.

Lista definitiva de persoas aspirantes admitidas

Apróbase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, funcionarización, de dúas (2) prazas de administrativa/o, funcionaria/o de carreira, correspondente á Oferta de emprego público de 2021.

Convócanse ás persoas integrantes do tribunal cualificador para o día 19 de setembro de 2023 ás 12.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.

Publicado en teo.gal o 29 de agosto de 2023.

Corrección de erros na lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas

Publícase a resolución de alcaldía que corrixe os erros materiais da Resolución da Alcaldía nº 796/2023, de 28 de xuño, que aprobou a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo ara a provisión, polo sistema de funcionarización e promoción interna, de dúas (2) prazas de administrativa/o, funcionaria/o de carreira, correspondente á Oferta de emprego público de 2021.

Publicado en teo.gal o 30 de xuño de 2023.

Aprobación da lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas

Apróbase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta Resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.

Publicado en teo.gal o 28 de xuño de 2023.

ANUNCIO NO BOE. DÚAS PRAZAS DE ADMINISTRATIVA/O. Promoción interna e funcionarización.

Publícase no BOE número 128 do 30 de maio de 2023 a Resolución do Concello referente á convocatoria de varias prazas, entre elas dúas de administrativa/o, pertencente ao cadro de persoal funcionario, escala da Administración Especial, categoría técnica, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición, quenda de acceso promoción interna por funcionarización. 

Consulta aquí o anuncio publicado no BOE. 

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no BOE. 

O prazo de presentación de instancias vai do 1 ao 27 de xuño de 2023. 

Publicado en teo.gal o 30 de maio de 2023. 

ANUNCIO NO DOG. DÚAS PRAZAS DE ADMINISTRATIVA/O. Promoción interna e funcionarización. 

O DOG número 92 do luns 15 de maio publica o anuncio das bases xerais e específicas que regularán varios procesos selectivos de funcionarización e promoción interna do Concello de Teo, entre os que se atopan as dúas prazas de administrativo/a. 

Consulta aquí o anuncio publicado no DOG. 

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento dos procesos selectivos efectuaranse de conformidade co previsto nas devanditas bases.

Publicado en teo.gal o 15 de maio de 2023. 

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS DE DÚAS PRAZAS DE ADMINISTRATIVA/O. Promoción interna e funcionarización. 

O BOP número 69 do 12 de abril publica as bases xerais e específicas que regulan o proceso selectivo de dúas (2) prazas de administrativa/o, polo sistema de promoción interna e a súa funcionarización, ao abeiro da disposición transitoria segunda do texto refundido da lei do estatuto básico do emprego público, aprobado polo real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro. 

Consulta aquí o anuncio publicado no BOP coas bases completas. 

Prazo para a presentación de solicitudes

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, empregando o Anexo I destas Bases, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas, e no prazo de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Publicado en teo.gal o 12 de abril de 2023.