O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
ANUNCIO NO BOE E APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NO ARTIGO 2 DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO.
O BOE número 307 do 23 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convotoria de varias prazas.
Consulta aquí o anuncio completo.
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir, por concurso-oposición, as seguintes prazas estruturais:
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado». A publicación fíxose o 23 de decembro polo que o prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 26 de decembro de 2022 ao 23 de xaneiro de 2023.
Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso selectivo.
Publicado en teo.gal o 23 de decembro de 2022.
ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN
O DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2
e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Consulta aquí o anuncio completo.
Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.
BASES XERAIS E ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NO ARTIGO 2 DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO.
ANUNCIO NO BOP DO 5 DE DECEMBRO DE 2022.
O BOP número 230 do 5 de decembro de 2022 publica o anuncio das Bases xerais e específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1557/2022, de 29 de novembro, aprobou as bases xerais e específicas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro mediante o sistema de concurso – oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Consulta aquí as bases xerais e específicas da convocatoria.
Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.
Attachment | Size |
---|---|
bases estabilizacion art 2.pdf | 183.12 KB |
anuncion dog estabilizacion.pdf | 411.82 KB |
anuncio BOE 23 12 22.pdf | 186.22 KB |
Instancia_estabilización_concurso_oposición.pdf | 63.3 KB |