O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
BAREMACIÓN DE MÉRITOS
Publícase a Baremación de méritos e resultado final de contratación laboral de alumnado do obradoiro de emprego EmprégateAPP.
Publicado en teo.gal o 03/08/2021
PUNTUACIÓNS ENTREVISTAS
Publicado en teo.gal o 29 de xullo de 2021.
LISTAS DEFINITIVAS
Publicado en teo.gal o 26 de xullo de 2021
Publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal técnico e do alumnado-traballador/a do obradoiro de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro de Garantía Xuvenil do Concello de Teo.
Consulta aquí as bases completas.
O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, do seguinte persoal para a xestión e o desenvolvemento do obradoiro de emprego “EmprégateApp” que levará a cabo o Concello de Teo en colaboración cos concellos de Boqueixón e Vedra:
Seguindo a Base novena do Convenio de colaboración entre os concellos de Boqueixón, Teo e Vedra, para a solicitude conxunta dunha subvención ao abeiro dos programas de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a distribución do alumnado - traballador por concellos é a seguinte:
O importe total da subvención concedida é de trescentos sesenta e nove mil catrocentos noventa e dous euros con trinta e dous céntimos (369.492,32€) e estimase un coste de catrocentos dezasete mil setecentos corenta e dous euros con vinte céntimos (417.742,20€) para o desenvolvemento total do proxecto.
Publicado en teo.gal o 21 de xullo de 2021.
Attachment | Size |
---|---|
Bases empregateapp_0.pdf | 245.73 KB |
Resultado entrevista alumnado traballador_0.pdf | 317.1 KB |
definitiva alumnos traballadores_0.pdf | 317.08 KB |
Baremación de méritos e resultado final contratación de alumnado_0.pdf | 95.06 KB |