O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

PROCESO SELECTIVO DE OPERARIOS/AS DE LIMPEZA. VALÓRATE 4.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

"RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE DÚAS (2) PERSOAS DESEMPREGADAS PARA OCUPAR OS POSTOS DE OPERARIAS DE LIMPEZA (GC9) PARA O CONCELLO DE TEO. VALORATE 4" 

En virtude dos resultados obtidos, e de acordo coas bases que rexen a convocatoria, o tribunal propón á Alcaldía a contratación de D. Daniel León Fernández DNI **8705*** e de Dª Claribel A. Rodríguez Lima DNI**2033**, como operarios de limpeza para o programa VALORATE 4 do Concello de Teo, por un período de 9 meses a xornada parcial (30 horas semanais). ao abeiro da concesión da subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. 

Seguindo a base sexta das que rexen a convocatoria, as persoas interesadas poderán presentar reclamacións no prazo máximo de un (1) día hábil dende a publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios e na web do Concello. 

Co obxecto de subscribir os correspondentes contratos laborais, as persoas aspirantes propostas disporán dun prazo de dous (2) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no taboleiro de anuncios da proposta de contratación, para achegar a documentación actualizada segundo a cláusula novena".

 

 

LISTA DEFINITIVA DO PROCESO SELECTIVO DE OPERARIOS/AS DE LIMPEZA. VALÓRATE 4.

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous (2) postos de operario de limpeza para o Concello de Teo (VALÓRATE 4). 

Convócase ao tribunal para o venres 14 de xuño de 2024 ás 09:00 horas na Sala de Xuntas da Casa Consistorial, co obxecto de proceder á súa constitución e á elaboración da proba escrita. 

Convócase ás persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para a realización da fase de oposición, que terá lugar o venres 14 de xuño de 2024 ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial, sita na Travesía da Ramallosa nº38.