O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL EN LISTA DE AGARDA
Detectado un erro material na lista de agarda do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha praza de auxiliar de xardinería, consistente na incorrecta colocación das persoas que conforman dita lista, de xeito decrecente e de acordo á súa puntuación, tal e como se dispón nas Bases que rexen a convocatoria publícase de novo a citada listaxe.
Podes consultala premendo aquí
Publicado en teo.gal o 7 de xullo de 2022.
RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Á FASE DE VALORACIÓN DE MÉRITOS E RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO
Publícase a resolución de alegacións á fase de valoración de méritos e o resultado do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinería correspondente á oferta de emprego público do 2019.
Consulta aquí o documento completo.
Á vista do resultado, o Tribunal realiza proposta de contratación a favor do aspirante que acadou a maior puntuación no proceso, D. José Manuel Tuñas Negreira, DNI ***5410**.
Así mesmo, e, de acordo coa Base 10 das que rexeron o proceso, establécese unha bolsa de emprego, coas persoas aspirantes finalmente non seleccionadas, pero que tiveran superado o proceso selectivo, sendo propostas polo tribunal, por orde descendente de puntuación, para a creación dunha bolsa de traballo para a praza convocada e cuxo funcionamento se rexerá polas normas e criterios sinalados na base décima primeira das que rexeron a convocatoria.
Publicado en teo.gal o 6 de xullo de 2022.
RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E VALORACIÓN DE MÉRITOS
Publícase a resolución de alegacións ao segundo exercicio e a valoración de méritos das persoas aspirantes no proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinería correspondente á oferta de emprego público 2019.
Consulta aquí a resolución das alegacións e a valoración de méritos.
De acordo co disposto na Base 9ª- apartado B, a presente baremación de méritos farase pública mediante anuncio no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal, coa indicación da puntuación por cada aspirante.
Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da devandita baremación. O prazo esténdese do 9 ao 22 de xuño de 2022 (ambos incluídos).
Publicado en teo.gal o 8 de xuño de 2022.
RESULTADOS 2º EXERCICIO FASE DE OPOSICIÓN
Publícanse os resultados do segundo exercicio da fase de oposicion do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinería (OEP 2019) e resolución de alegacións ás puntuacións do primeiro exercicio.
Consulta aquí os resultados.
De acordo co disposto na Base oitava, concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación das notas do exercicio. Deste xeito o prazo de alegacións vai do luns 11 ao martes 26 de abril de 2022, ambos incluídos.
Á vista da documentación presentada polas persoas aspirantes ao proceso, D.ª DIANA OGEROS GIL queda citada para a realización do Terceiro exercicio (coñecemento de galego), o vindeiro mércores 27 de abril de 2022, ás 09:00h en dependencias da Casa Consistorial de Teo.
Publicado en teo.gal o 8 de abril de 2022.
RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E NOTAS DO 1º EXERCICIO
Publícase a resolucón das alegacións e notas do primeiro exercicio do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinería correspondente á oferta de emprego pública 2019.
Consulta aquí a resolución coas notas do 1º exercicio.
As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio quedan citadas para o vindeiro venres día 8 de abril de 2022, ás 12:00 horas, en dependencias da nave municipal do Concello de Teo, sita en Lucí,58, para a realización do 2º exercicio da fase de oposición.
Publicado en teo.gal o 15 de marzo de 2022.
RESULTADOS DO 1º EXERCICIO DA PRAZA DE AUXILIAR DE XARDINARÍA
Publícase do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinaría (OEP 2019)
O día 7 de marzo de 2022 tivo lugar no Auditorio municipal Constante Liste da rúa da Lagoa-Ramallosa(Teo) o primeiro exercicio, obrigatorio e eliminatorio, da fase de oposición do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha(1) praza de auxiliar de xardinería, correspondente á Oferta de emprego público 2019 deste Concello.
Detectado un erro material, consistente na repetición dunha mesma pregunta nos números 23 e 29, de acordo co disposto na Base novena, apartado A), anúlase a pregunta 29, dándose por non formulada, e sendo substituída pola primeira pregunta de reserva.
De acordo co previsto na mesma Base novena, apartado A), faise público o contido do exercicio tipo test e as respostas correctas para a súa publicación na páxina web do Concello(www.teo.gal) e no Auditorio Constante Liste da Ramallosa-Teo, lugar onde se realizou o exercicio.
De acordo co estipulado na Base oitava, as persoas aspirantes disporán dun prazo de tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio para os efectos de alegacións e/ou reclamacións. O prazo vai do martes 8 ao xoves 10 de marzo de 2022.
Consulta aquí o resultado do 1º exercicio.
Publicado en teo.gal o 8 de marzo de 2022.
LISTAXE DEFINITIVA E DATA DE EXAME
Publícase a listaxe definitiva do proceso de persoal laboral fixo, dunha praza de auxiliar de xardinaría.
Consulta aquí a listaxe definitiva.
A realización do primeiro exercicio terá lugar o día 7 de marzo de 2022, ás 13.30 horas. As persoas aspirantes deberán presentar a documentación identificativa. O exercicio desenvolverase no edificio do Auditorio Municipal “Constante Liste”, rúa da Lagoa, Ramallosa.
Podes ver a ubicación do auditorio premendo aquí
Publicado en teo.gal o 4 de febreiro de 2022.
LISTAXES PROVISIONAIS
Publícase a resolución de aprobación da lista provisional do proceso de persoal laboral fixo, dunha praza de auxiliar de xardinaría.
Consulta aquí a listaxe completa.
As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. Á vista de que a publicación se fai o 4 de xuño o prazo de emenda esténdese entre os días 7 e 18 de xuño ambos os dous incluídos.
Publicado en teo.gal o 4 de xuño de 2021.
Publícase no BOE núm. 87 do 12 de abril de 2021, o Anuncio sobre a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinaría mediante o sistema de concurso-oposición.
A publicación do citado anuncio no BOE abre o prazo de presentación de instancias para participar no citado proceso selectivo. O prazo é de vinte (20) días hábiles dende o día seguinte ao anuncio do BOE. Deste xeito o prazo de presentación de instancias vai do 13 de abril ao 10 de maio de 2021.
Descarga aquí a instancia
Consulta aquí as bases que rexen esta convocatoria de emprego público
Publicado en teo.gal o 12 de abril de 2021.
Publícase no DOG núm. 60, do 30 de marzo de 2021, o Anuncio polo que se aproban as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinaría mediante o sistema de concurso-oposición.
A Resolución da Alcaldía nº. 147/2021, de 11 de febreiro de 2021, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinaría, mediante o sistema de concurso-oposición.
A Resolución da Alcaldía nº. 184/2021, do 18 de febreiro de 2021, aprobou unha corrección de erros das ditas bases.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e no portal de transparencia deste concello.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 36, do 24 de febreiro de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
Publicado en teo.gal o 30 de marzo de 2021.
Publícase no BOP número 36 do 24 febreiro o anuncio da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de Auxiliar de Xardinería correspondente á oferta de emprego público 2019.
A resolución da Alcaldía nº 147/2021, de data 11.02.2021, aprobou a convocatoria e as bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinería correspondente á Oferta de Emprego Público 2019 do Concello de Teo.
As devanditas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 32, do 18 de febreiro de 2021. A Resolución da Alcaldía nº 184/2021, de data 18.02.2021, aprobou a corrección de erros das devanditas Bases, concretamente a Base Novena, letra B punto 1 relativa a valoración dos méritos profesionais ao non incluírse a valoración dos servizos prestados na empresa privada realizando funcións/tarefas relacionadas co desempeño da praza convocada.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Podes consultar aquí as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.
Publicado en teo.gal o 24 de febreiro de 2021.
O BOP número 32 do xoves 18 de febreiro publica o anuncio da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinería correspondente á oferta de emprego público 2019 do Concello de Teo.
Por resolución de alcaldía do 18 de febreiro aprobouse unha corrección de erros das citadas bases e convocatoria do proceso selectivo. A corrección de erros está pendente de publicación no BOP.
As bases completas, coa corrección de erros, podelas consultar premendo aquí.
As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como anexo I, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas, e no prazo de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Publicado en teo.gal o 18 de febreiro de 2021.