O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Proceso selectivo oficiais de segunda de xardinería. Pel Concellos 23.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

RESULTADO FINAL. SELECCIÓN XARDINEIRAS. PEL CONCELLOS 23.

Publícase o resultado do proceso selectivo para a contratación laboral-temporal de dúas persoas para ocupar o posto de xardineiras para o Concello de Teo (PEL Concellos 2023). 

Consulta aquí o resultado final logo da baremación e da fase de oposición

Publicado en teo.gal o 24 de maio de 2023. 

RESULTADO 1º EXERCICIO. SELECCIÓN OFICIAIS DE XARDINERÍA. PEL CONCELLOS 23.

Publícase o resultado do primeiro exercicio da fase de oposición no proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como oficiais de xardinería.

Consulta aquí os resultados do primeiro exercicio.

O tribunal empraza ás persoas que superaron o primeiro exercicio (7,5 ou máis puntos) para a realización da proba escrita o mércores 24 de maio de 2023 ás 11:00 horas na Aula de informática do Concello ubicada no Auditorio Municipal (Rúa da Lagoa, nº 1, Lucí).

Publicado en teo.gal o 10 de maio de 2023.

BAREMACIÓN.  OFICIAIS DE XARDINERÍA. CONCELLOS 23. 

Publícase a fase de concurso do proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como xardineiras. 

Consulta aquí o resultado da baremación. 

O tribunal empraza ás persoas aspirantes para a realización da fase de oposición no seguinte lugar e hora:

  • Primeiro exercicio. Mércores 10 de maio de 2023 ás 11:15 horas na nave de obras do Concello (Lucí). 

Publicado en teo.gal o 5 de maio de 2023. 

LISTA DEFINITIVA PROCESO SELECTIVO OFICIAIS DE SEGUNDA DE XARDINERÍA. PEL CONCELLOS 23.

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous postos de oficiais de segunda de xardinería para o Concello de Teo (PEL Concellos 23). 

Consulta aquí a listaxe

Convócase ao tribunal para o venres 5 de maio de 2023 ás 11:00 horas na Casa Consistorial, co obxecto de proceder á baremación de méritos achegados polas persoas aspirantes. 

Publicado en teo.gal o 4 de maio de 2023. 

LISTA PROVISIONAL PROCESO SELECTIVO OFICIAIS DE SEGUNDA DE XARDINERÍA. PEL CONCELLOS 23. 

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous postos de oficiais de segunda de xardinería para o Concello de Teo (PEL Concellos 23). 

Consulta aquí a lista completa. 

As persoas excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación publicada, disporán de tres (3) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicaicón da presente resolución para reclamacións ou subsanación de defectos. O prazo vai do 29 de abril ao 2 de maio (ao cadrar o último día do prazo en día inhábil). 

De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 28 de abril de 2023.