O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Proceso selectivo peón de obra pública. Pel Concellos 23.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

RESULTADO FINAL. SELECCIÓN PEÓN OBRA PÚBLICA. PEL CONCELLOS 23.

Publícase o resultado do proceso selectivo para a contratación laboral-temporal dunha persoa para ocupar o posto de peón de obra pública para o Concello de Teo (PEL Concellos 2023). 

Consulta aquí o resultado final logo da baremación e da fase de oposición

Publicado en teo.gal o 24 de maio de 2023. 

RESULTADO PRIMEIRO EXERCICIO. PROCESO SELECTIVO PEÓN DE OBRA PÚBLICA. PEL CONCELLOS 23. 

Publícase o resultado do primeiro exercicio do proceso selectivo para a contratación laboral-temporal dunha persoa como peón de obra pública para o Concello de Teo.

Consulta aquí o resultado. 

O tribunal empraza ás persoas que superaron a proba práctica (7,5 puntos ou máis) para a realización da proba escrita, ás 12:00 horas do mércores 24 de maio de 2023 na Aula de informática do Concello de Teo, ubicada no Auditorio Constante Liste, na rúa da Lagoa, nº 1. 

Publicado en teo.gal o 12 de maio de 2023. 

BAREMACIÓN. PEÓN DE OBRA PÚBLICA. CONCELLOS 23. 

Publícase a fase de concurso do proceso selectivo para a contratación dunha persoa como peón de obra pública. 

Consulta aquí o resultado da baremación. 

O tribunal empraza ás persoas aspirantes para a realización da fase de oposición no seguinte lugar e hora:

  • Primeiro exercicio. Venres 12 de maio de 2023 ás 09:30 horas na nave de obras do Concello (Lucí). 

Publicado en teo.gal o 9 de maio de 2023. 

LISTA DEFINITIVA PROCESO SELECTIVO PEÓN DE OBRA PÚBLICA. PEL CONCELLOS 23.

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar un posto de peón de obra pública para o Concello de Teo (PEL Concellos 23). 

Consulta aquí a listaxe

Convócase ao tribunal para o martes 9 de maio de 2023 ás 09:00 horas na Casa Consistorial, co obxecto de proceder á baremación de méritos achegados polas persoas aspirantes. 

Publicado en teo.gal o 4 de maio de 2023. 

LISTA PROVISIONAL PROCESO SELECTIVO PEÓN OBRA PÚBLICA. PEL CONCELLOS 23. 

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar un posto de peón de obra pública para o Concello de Teo (PEL Concellos 23). 

Consulta aquí a lista completa. 

As persoas excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación publicada, disporán de tres (3) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicaicón da presente resolución para reclamacións ou subsanación de defectos. O prazo vai do 29 de abril ao 2 de maio (ao cadrar o último día do prazo en día inhábil). 

De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 28 de abril de 2023.