O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
RESULTADO FINAL. SELECCIÓN TRABALLADOR/A FORESTAL. PEL CONCELLOS 23.
Publícase o resultado do proceso selectivo para a contratación laboral-temporal dunha persoa para ocupar o posto de traballadora forestal para o Concello de Teo (PEL Concellos 2023).
Consulta aquí o resultado final logo da baremación e da fase de oposición
Publicado en teo.gal o 24 de maio de 2023.
RESULTADO 1º EXERCICIO. SELECCIÓN TRABALLADOR/A FORESTAL. PEL CONCELLOS 23.
Publícase o resultado do primeiro exercicio da fase de oposición no proceso selectivo para a contratación dunha persoa como traballador/a forestal.
Consulta aquí os resultados do primeiro exercicio.
O tribunal empraza ás persoas que superaron o primeiro exercicio (7,5 ou máis puntos) para a realización da proba escrita o mércores 24 de maio de 2023 ás 10:00 horas na Aula de informática do Concello ubicada no Auditorio Municipal (Rúa da Lagoa, nº 1, Lucí).
Publicado en teo.gal o 10 de maio de 2023.
BAREMACIÓN. TRABALLADOR/A FORESTAL. PEL CONCELLOS 23.
Publícase a fase de concurso do proceso selectivo para a contratación dunha persoa como traballadora forestal.
Consulta aquí o resultado da baremación.
O tribunal empraza ás persoas aspirantes para a realización da fase de oposición no seguinte lugar e hora:
Publicado en teo.gal o 5 de maio de 2023.
LISTA DEFINITIVA PROCESO SELECTIVO TRABALLADOR FORESTAL. PEL CONCELLOS 23.
Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar un posto de traballador/a forestal para o Concello de Teo (PEL Concellos 23).
Consulta aquí a listaxe
Convócase ao tribunal para o venres 5 de maio de 2023 ás 10:00 horas na Casa Consistorial, co obxecto de proceder á baremación de méritos achegados polas persoas aspirantes.
Publicado en teo.gal o 4 de maio de 2023.
LISTA PROVISIONAL PROCESO SELECTIVO TRABALLADOR/A FORESTAL. PEL CONCELLOS 23.
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar un posto de traballador/a forestal para o Concello de Teo (PEL Concellos 23).
Consulta aquí a lista completa.
As persoas excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación publicada, disporán de tres (3) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicaicón da presente resolución para reclamacións ou subsanación de defectos. O prazo vai do 29 de abril ao 2 de maio (ao cadrar o último día do prazo en día inhábil).
Publicado en teo.gal o 28 de abril de 2023.
Attachment | Size |
---|---|
Forestal taboleiro .pdf | 554.44 KB |
Lista definitiva forestal.pdf | 522.16 KB |
PEL FORESTAL.pdf | 109.98 KB |
Resultado 1º exercicio PEL Forestal.pdf | 66.66 KB |
resultado traballador forestal.pdf | 365.81 KB |