O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
ORMALIZACIÓN: En data 24 de xaneiro de 2017 formalizouse o contrato da obra "REURBANIZACIÓN DO NÚCLEO DE FORNELOS, RARÍS. FASE II", incluídas no PAS 2015, entre o Concello e a empresa adxudicataria "OBRAS Y VIALES CERNE, S.L.".
Publicouse no Perfil de Contratante o día 26 de xaneiro de 2017.
ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 09/01/2016 adxudicouse o contrato para a execución das obras incluídas no PAS 2015, denominadas "REURBANIZACIÓN DO NÚCLEO DE FORNELOS, RARÍS. FASE II" á empresa "OBRAS Y VIALES CERNE, S.L." con estrita suxeición aos pregos de cláusulas administrativas e á súa oferta, polo prezo de 111.720,00 €, máis 23.461,20€ de IVE, TOTAL 135.181,20€, IVE engadido.
Fixouse o prazo de execución do contrato en 3 meses, contado a partir da data de sinatura da acta de reformulo.
Publicouse no Perfil de Contratante o día 12 de xaneiro de 2017.
Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que de acordo cos pregos de cláusulas administrativas que rexen a contratación, a mesa de contratación quedará constituída do seguinte modo:
Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.
Vogais:
-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.
-Mónica Lado Varela, interventora do Concello.
-Ignacio soto González, arquitecto municipal.
-Uxía Lemus de La Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.
-María Vázquez Rey, concelleira do grupo municipal do PP.
Secretaria:
A adxunta a secretaría do concello.
Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal Luis Javier Castro Martínez e a concelleira do grupo municipal do PP por M.ª Dolores Nariño Facal, concelleiro do mesmo grupo. A secretaria da mesa será substituída por Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos.
Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 19 de outubro, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.
A apertura do sobre C “Oferta económica” efectuarase o día 25 de outubro, ás 10:00 horas en acto público na Casa do Concello.
Publicado no Perfil do Contratante o día 11 de outubro de 2016
En data 5 de setembro e 2016 aprobouse por Resolución da Alcaldía o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único cirterio de valoración (factor prezo), da obra de “Reurbanización do núcleo de Fornelos, Rarís. Fase II”, incluída no PAS 2015, de acordo co seguinte cadro de características:
Entidade adxudicadora: Concello de Teo
Obxecto do contrato: REURBANIZACIÓN DO NÚCLEO DE FORNELOS, RARÍS. FASE II
Expediente: O-9/16
Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo).
Orzamento: 217.000,00€ (179.338,84€ de valor estimado do contrato e 37.661,16€ de IVE)
Clasificación: Non se esixe
Clasificación aos efectos de acreditación da solvencia: Grupo G, subgrupo 3 e 6, categoría a
Garantía provisional: Non se esixe
Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)
Prazo de execución: 3 meses
Información: Os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil de Contratante (www.teo.gal)
Proposicións: Poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao do anuncio da licitación que se publique no Boletín da Provincia.
Maís información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 Teo. Teléfono : 981 815 700, Fax: 981 809 401
Teo, 7 de setembro de 2016
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
Publicado no BOP o día 13 de setembro de 2016 e no Perfil de Contratante o mesmo día.