O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 28 de xuño de 2018 formalizouse o contrato para a execución das obras denominadas "REURBANIZACIÓN NÚCLEO DE RIBAS-FASE I" entre o Concello e a empresa adxudicataria.
Publicado anuncio de formalización no BOP nº 65, do 04/04/2019 e no Perfil de Contratante o mesmo día.
A mesa de contratación na súa sesión do 1 de marzo de 2018 acordou, entre outros, requirir aos seguintes licitadores qu exustifiquen as razóns que lle permiten prestar o servizo nas condicións ofertadas:
Publicado no Perfil do Contratante o día 2 de marzo de 2018.
Faise público que a mesa de contratación reunirase o día 1 de marzo de 2018, ás 10:00 horas, na Casa do Concello para proceder á apertura dos sobres C "Oferta económica", en acto de carácter público.
Publicado no Perfil do Contratante o día 28 de febreiro de 2018.
Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 20 de novembro de 2017, a mesa de contratación estará integrada polos seguintes membros:
Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.
Vogais:
-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.
-Mónica I. Lado Varela, interventora do Concello.
-Ignacio Soto González, arquitecto municipal do Concello.
-Uxía Lemus de La Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.
-M.ª Dolores Nariño Facal, concelleira do grupo muncipal do PP.
Secretaria:
Sandra M.ª García Chenlo, adxunta á secretaría xeral do Concello de Teo.
Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal por Luis Javier Castro Martínez, arquitecto técnico muncipal. A secretaria da mesa será substituída por M.ª Elena Méndez Buela, administrativa adscrita á secretaría.
Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constiuirase para a apertura do sobre A "Documentación" o día 14 de febreiro de 2018, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.
Publicado no Perfil do Contratante o día 6 de febreiro de 2018.
En data 20 de novembro de 2017 adoptouse acordo da Xunta de Goberno Local pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo), da obra denominada “REURBANIZACIÓN DO NÚCLEO DE RIBAS, OZA FASE I”, Expediente núm. O-14/17, incluída no Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos POS+2017) e de acordo co seguinte cadro de características:
1.- Entidade adxudicadora: Concello de Teo
2.- Obxecto do contrato: REURBANIZACIÓN DO NÚCLEO DE RIBAS, OZA FASE I
3.- Expediente: O-14/17
4.- Tramitación e procedemento de adxudicación: Tramitación ordinaria e procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo)
5.- Orzamento: 197.705,05€ máis 41.518,06€ de IVE (239.223,11€)
6.- Valor estimado do contrato: 197.705,05€
7.– Clasificación: Non se esixe
Clasificación a efectos de acreditación da solvencia:
Grupo G, subgrupos 3,4 e 5, categoría 2
Grupo E subgrupo 1 categoría 2
8.- Garantía provisional: non se esixe.
9.- Garantía definitiva: 5% do prezo de adxudicación do contrato (IVE excluido)
10.- Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 600,00€
11.- Prazo de execución: 3 (tres) meses
12.- Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante(www.teo.gal)
13.- Presentación de proposicións: no Rexistro do concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincial ou no Perfil do contratante.
Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa, 38, Lucí, 15883 Teo. Teléfono 981 815700. Fax 981 809401.
Teo, 5 de decembro de 2017
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
Publicado no BOP nº 234 do 12 de decembro de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día.
Attachment | Size |
---|---|
pregodeclaususulasadministrativas.pdf | 2.94 MB |
Proxecto.pdf | 16.21 MB |
Acordo mesa contratación xustificación proposicións.pdf | 38.01 KB |
Formalización contrato_6.pdf | 118.31 KB |