O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A mesa de contratación na súa reunión do 7 de decembro de 2016 acordou reunirse o próximo día 16 de decembro de 2016, fixando para as 12:00 horas do mesmo día a apertura dos sobres C "Proposición económica" en acto de carácter público na Casa do Concello.
Publicado no Perfil do contratante o día 7 de decembro de 2016
Estando próximo a rematar o prazo de presentación de proposicións, faise público que de acordo co prego de cláusulas administrativas, a mesa de contratación estará constituída do seguinte modo:
- Presidente: D. Rafael C. Sisto Edreira, alcalde do Concello ou concelleiro en quen delegue.
- Vocais:
- Secretaria: D.ª M.ª Pilar Sueiro Castro, adxunta a secretaría.
No caso de que algún dos membros da mesa non puidese asistir ás reunións desta, serán substituídos por: a secretaria e a interventora polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan; a directora do CIM do concello pola coordinadora do departamento de benestar social, D.ª Berta Conde López; o concelleiro de benestar social e igualdade, pola concelleira de educación, D.ª Pilar Pérez Fagil; a concelleira do grupo municipal do PP, por D.ª María Vázquez Rey, concelleira designada polo mesmo grupo municipal e a secretaria da mesa por D. Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos do concello.
Así mesmo faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura dos sobres A “Documentación” o día 7 de decembro de 2016, ás 09:00 horas nas dependencias municipais.
A apertura dos sobres B “Documentación técnica” efectuarase o día 13 de decembro de 2016, ás 09:00 horas en acto público na Casa do Concello.
Publicado no Perfil de contratante o día 25 de novembro de 2016.
En data 15 de novembro de 2016 aprobouse por Resolución da Alcaldía o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas para a contratación, mediante procedemento aberto, con varios criterios de valoración, do servizo “TEO MADRUGA”, de acordo co seguinte cadro de características:
Entidade adxudicadora: Concello de Teo
Obxecto do contrato: Servizo “TEO MADRUGA”
Expediente: S-5/16
Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, con varios criterios de valoración. Tramitación ordinaria
Orzamento máximo de licitación: 49.500,00€ anuais, IVE engadido (45.000,00€ máis 5.500,00€ de IVE)
Valor estimado do contrato: 180.000,00€
Duración do contrato: Tres(3) anos prorrogables por un (1) ano
Clasificación/Solvencia: Non se esixe clasificación. Os licitadores acreditarán a solvencia económica e técnica de acordo co establecido no Prego de Cláusulas administrativas
Garantía provisional: Non se esixe
Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)
Criterios de valoración:
Información: Os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)
Proposicións: Poderase presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de nove a catorce horas, durante o prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da licitación no Boletín Oficial da Provincia.
Apertura de ofertas: Publicarase no Perfil de Contratante (www.teo.gal)
Publicidade: Será por conta do adxudicatario (anuncio BOP publicación urxente)
Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 Teo Teléfino 981 815 700 Fax: 981 809 401
Teo, 15 de novembro de 2016
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
Publicado no BOP do 17 de novembro de 2016 e no Perfil de Contratante o mesmo día
Resolto:Resolto