O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Subvencións ás asociacións do ámbito veciñal. Ano 2022

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS AS ASOCIACIÓNS DO AMBITO VECIÑAL, POLAS ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE O ANO 2022

1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas a actividades organizadas ou promovidas por asociacións veciñais durante ano 2022, con cargo á partida 230/480.00 do Orzamento de 2022, por un importe total de 7.500 euros.

Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación e o fomento de actividades que melloren e contribúan na participación comunitaria de todos os veciños e veciñas do concello de Teo.

2ª.-BENEFICIARIOS/AS

Serán beneficiarias ás asociacións veciñais, con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral.

Terán a consideración de actividades ou programas de interese xeral, para os efectos da presente convocatoria, aqueles que fomenten a participación cidadá como medio de mellora da calidade de vida e das relacións veciñais e que se potencie o desenvolvemento das persoas, das aldeas e das parroquias do Concello de Teo mediante actividades de carácter lúdico, social, cultural ou tempo libre. So serán subvencionables as recollidas na base terceira, deste documento.

As entidades terán que cumprir as seguintes condicións:

1) Poderán concorrer a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións que cumpran os requisitos e as finalidades desta convocatoria e que fomenten a participación entre os/as veciños/as con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo.

2) Para ser beneficiarias das axudas as entidades veciñais deberán cumprir os seguintes requisitos:

• Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Teo.

• Ter os seus estatutos adaptados á Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

• Non estar incursas as entidades ou as persoas que posúen a súa representación legal nalgún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiarios de subvencións por incapacidade ou incompatibilidade, establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

• Estar ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social e coa Administración Tributaria, e non ser debedor do Concello de Teo por calquera tipo de débeda de dereito público vencida, líquida e esixible por vía de prema.

• Ter debidamente xustificados os gastos correspondentes a subvencións concedidas e percibidas con anterioridade dende o Concello de Teo, así como non ter aberto ningún procedemento de reintegro das cantidades percibidas por algunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

• Achegar coa solicitude para concorrer na convocatoria a documentación que se detalla nestas bases reguladoras.

3) Os beneficiarios das axudas adquiren as seguintes obrigas:

• Realizar as actividades ou proxectos e cumprir os fins ou propósitos que fundamentan a concesión da subvención.

• Comunicar o inicio ou celebración das actividades subvencionadas con anterioridade a súa celebración, así como acreditar diante do Concello de Teo a realización da actividade na correspondente memoria.

• Deberá comunicarse calquera cambio que se faga en actividades subvencionadas en canto a horario, frecuencia, ou calquera outra alteración substancial da mesma.

• Facer constar en toda a publicidade e difusión das actividades e programas subvencionados a colaboración do Concello de Teo.

• Cumprir as condicións que se determinan nestas bases e na concesión da subvención ou axuda.

• Someterse ás actuacións de comprobación dos servizos correspondentes por razón da materia e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral do Concello de Teo.

• Comunicarlle ó Concello de Teo a obtención de axudas ou subvencións para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración pública ou de particulares ou entidades privadas, así como doutros ingresos ou recursos que financien a actividade.

Non poderán ter a condición de beneficiarios aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias enumeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.

3ª.-ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables as seguintes actividades realizadas dentro do territorio do concello de Teo no ano 2022:

• De tipo físico: ximnasia, ioga, pilates, aerobic, etc.

• De ocio e tempo de lecer que promovan espazos de convivencia e encontro: obradoiros de traballos manuais, restauración, música, lectura, danza, risoterapia, etc.

• De tipo formativo e informativo á colectividade: obradoiros de xogos tradicionais, conferencias, coloquios, etc.

• De actividades de interese patrimonial, medio ambiental ou de rutas.

• Celebracións tradicionais como magostos, cacharelas, entroido, etc.

En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:

• As viaxes e os gastos de comidas ou restauración.

• Premios de concursos, nin de sorteos.

• Os establecidos no artigo 31.7 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

4ª.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1) A solicitude normalizada da convocatoria (Anexo I) xunto coa documentación que se recolle na base anterior deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Teo, que irá acompañada dos seguintes documentos:

a) Documento asinado polo/a representante da entidade facendo constar as actividades programadas e as prazas para cada unha.

b) Copia cotexada do CIF, so necesaria no caso de non estar depositada no concello.

e) Certificación bancaria da conta onde se efectuarán os pagamentos. No caso de non tela depositado con anterioridade ou de ter cambiado.

f) Declaración xurada conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003. Esta declaración esta incluída no anexo I.

No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de 10 días para a súa corrección, arquivándose sen máis trámites de non se emendaren os defectos en dito prazo.

2) O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

As solicitudes deberán conter unha ficha para a entidade (anexo I) e unha ficha de cada actividade para a que solicita subvención. Esta ficha terá os datos completos da actividade e os datos de financiamento da mesma (anexo II). Cada entidade deberá indicar para que concepto se pide a axuda.

A convocatoria de subvencións farase pública no taboleiro de edictos do Concello.

As solicitudes deberán presentarse a través da sede teo.gal no apartado de subvencions, axudas e premios.

De conformidade co disposto no artigo 24 do RD 887/2006, de 21 de xullo , os certificados de atoparse ao corrente con Facenda e a Seguridade Social poderán substituirse por unha declaración responsable cando o importe da subvención non supere os 3.000€. O solicitante neste punto deberá comprometerse a manter o seu cumprimento durante o periodo de tempo inherente a dito recoñecemento ou exercicio.

Por outra parte, o solicitante poderá conceder autorización ao concello para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación de atoparse ao corrente con Facenda e coa Seguridade Social a través de certificados telemáticos, en cuxo caso o solicitante non deberá aportar a correspondente certificacion.

5ª.-IMPORTES MÁXIMOS DAS SUBVENCIÓNS

En ningún caso o importe máximo da subvención de cada solicitante superará o 60% do orzamento da entidade ou asociación para as actividades obxecto da solicitude. Cada entidade indicara o importe máximo que poderá xustificar para esta subvención, non podendo concederlle un importe superior.

O importe da axuda ou subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que illada ou en concorrencia con outras axudas ou subvencións supere o custo da actividade subvencionada.

A concesión da subvención non xerará ningún dereito á súa percepción en futuras convocatorias.

Ningunha entidade poderá obter unha subvención superior ao 30% da contía global.

Podes descargar aquí os anexos a esta convocatoria.

Publicado en teo.gal o 29 de agosto de 2022.