O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados 2025

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO E DEPORTISTAS FEDERADOS/AS POLAS ACTIVIDADES REALIZADAS E PARA A PREPARACIÓN DAS DIFERENTES COMPETICIÓNS PARA O ANO 2025

As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas á organización, promoción, preparación e/ou participación deportiva de clubs e deportistas federados/as no ano 2025, por un importe total de 47.000 euros, dos que 12.000 euros se destinarán ás solicitudes formuladas por deportistas federados/as. 

Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello de Teo, tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.

As solicitudes presentaranse nas instancias formalizadas recollidas nos Anexos I e II e dirixiranse ao concelleiro de Deportes. As solicitudes deberán de presentarse no prazo de 15 días hábiles dende a publicación do anuncio das presentes bases no BOP.