O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
BASES PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO E DEPORTISTAS FEDERADOS/AS POLAS ACTIVIDADES REALIZADAS E PARA A PREPARACIÓN DAS DIFERENTES COMPETICIÓNS DURANTE O ANO 2023
No BOP número 142, do xoves 27 de xullo de 2023, saíron publicadas as bases da convocatoria de subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as para o ano 2023.
PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 28 DE XULLO AO 18 DE AGOSTO
1ª.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas á organización, promoción, preparación e/ou participación deportiva de clubs e deportistas federados/as no ano 2023, con cargo á partida 340/480.00 do orzamento 2023 por un importe total de 38.000 euros, dos que 8.500 euros se destinarán ás solicitudes formuladas por deportistas federados/as.
Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello de Teo, tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.
2ª.—BENEFICIARIOS/AS
a) Os clubs deportivos sen ánimo de lucro con domicilio social no Concello de Teo, inscritos en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas do Concello de Teo e no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, que participen en competicións de carácter oficial e/ou organicen e/ou promovan actividades deportivas. Teñen que pertencer a federacións recoñecidas polo Consello Superior de Deportes ou pola Administración Deportiva Autonómica de Galicia.
b) Os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos.
- Ter licenza federativa en vigor no momento da solicitude nalgunha das federacións deportivas recoñecidas pola Administración Deportiva Autonómica de Galicia e/ou polo Consello Superior de Deportes.
- Estar empadroados/as no Concello de Teo con anterioridade á aprobación destas bases.
- Participar en competicións de carácter oficial e que sexan mínimo de ámbito autonómico ou superior.
- Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria os/as deportistas que:
Participen en competicións de carácter oficial por equipos en formato de ligas regulares.
Participen en competicións de carácter oficial de ámbito autonómico que non outorgen prazas para as competicións de ámbito estatal da mesma modalidade/especialidade.
c) Non poderán ter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias numeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.
3ª.—ACTIVIDADES E GASTOS SUBVENCIONABLES
As subvencións que se outorguen ao abeiro das presentes bases, terán como finalidade:
a) Colaboración en gastos correntes derivados da realización de actividades de participación e/ou promoción deportiva por parte dos suxeitos mencionados no artigo 2º das presentes Bases e, dos gastos de conservación, mantemento ou reparación menores, que non teñan o carácter de investimento, necesarios para o desenvolvemento destas no ano 2023.
b) Gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos durante o ano 2023 dentro do territorio municipal.
c) Aqueles clubs que reciban unha subvención nominativa non poderán concorrer a esta convocatoria co mesmo obxecto de solicitude.
d) Non serán gastos subvencionables:
— Os xuros debedores de contas bancarias.
— Os xuros, recargos e sancións administrativas.
— Os gastos de procedementos xudiciais.
4ª.—SOLICITUDES
4.1.- Presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse nas instancias formalizadas recollidas no Anexos I e o Anexo II; e dirixiranse ao concelleiro de Deportes.
Recordáselles que conforme ao disposto no artigo 14 de la Lei 39/2015 de outubro, de procedemento das administracións públicas, as persoas xurídicas (clubs e entidades) están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo.
En consecuencia, deberán presentar de forma electrónica a súa documentación na sede electrónica de este Concello a través do seguinte enlace:
https://sede.teo.gal/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/Solicitudsubvenciones_N
Resulta imprescindible que para identificarse na sede electrónica se utilice o certificado dixital da empresa.
As persoas físicas (deportistas) poden presentar pola mesma vía ou no rexistro xeral do Concello (presencial).
Soamente pode presentarse unha única solicitude por club para unha ou varias modalidades.
No caso dos/as deportistas soamente pode presentarse unha única solicitude para unha única modalidade ou especialidade.
As solicitudes deberán de presentarse no prazo de 15 días hábiles dende a publicación do anuncio das presentes bases no BOP.
4.2.- Documentación (están os impresos oficiais nesta páxina para poder cubrir en liña ou no Departamento de Deportes do Concello).
*Impresos a cubrir polos Clubs Deportivos.
*Impresos a cubrir polos deportistas federados.
Xunto coa instancia de solicitude de subvención recollidas nos Anexo I e II presentarase a seguinte documentación:
1) CLUBS DEPORTIVOS: (datos referentes á tempada 2022/2023 ou o ano 2023 segundo corresponda á modalidade deportiva)
a) Certificado da Federación correspondente onde figuren o número de licenzas, o número de equipos e as categorías onde participa o club solicitante.
b) Declaración responsable asinada polo/a representante do club facendo constar:
b1) Deportistas femininas: listaxe con nome e apelidos especificando cales están empadroadas no Concello de Teo (o que se comprobará de oficio polo Departamento de Deportes) (se é o caso).
b2) Deportistas masculinos: listaxe con nome e apelidos especificando cales están empadroados no Concello de Teo (o que se comprobará de oficio polo Departamento de Deportes) (se é o caso).
b3) Técnicos/as: listaxe con nome e apelidos do persoal técnico do club, a súa titulación e a categoría na que adestren (con fotocopia compulsada do título de maior nivel de cada técnico/a e/ou fotocopia compulsada da súa ficha federativa).
c) Copia cotexada do CIF (no caso de non tela entregada xa noutras convocatorias anteriores).
d) Memoria descritiva do ano 2022, especificando as actividades/eventos deportivos nos que participou o club e as actividades/eventos deportivos que organizou (se é o caso).
e) Memoria descritiva da actividade que se vai a desenvolver no ano 2023 para a cal se pide a subvención, especificando as actividades/eventos deportivos nos que vai a participar o club e as actividades/eventos deportivos que vai a organizar (se é o caso).
f) Orzamento detallado de gastos e ingresos previsto para o ano 2023.
g) Certificación bancaria do número de conta onde se efectuarán os pagamentos.
h) Certificación ou declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa seguridade social impostas pola lexislación vixente.
De conformidad co disposto no artigo 24 do RD 887/2006, de 21 de xullo , os certificados de atoparse ao corrente con Facenda e a Seguridade Social poderán substituirse por unha declaración responsable cando o importe da subvención non supere os 3.000€. O solicitante neste punto deberá comprometerse a manter o seu cumprimento durante o periodo de tempo inherente a dito recoñecemento ou exercicio.
Por outra parte, o solicitante poderá conceder autorización ao concello para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación de atoparse ao corrente con Facenda e coa Seguridade Social a través de certificados telemáticos, en cuxo caso o solicitante non deberá aportar a correspondente certificación.
i) Declaración responsable conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.
k) Declaración de datos e compromisos.
a) Copia cotexada da licenza federativa en vigor.
b) Copia cotexada do DNI en vigor (no caso de non tela entregada xa noutras convocatorias anteriores).
c) Currículo deportivo.
d) Certificación federativa onde figuren as competicións oficiais nas que participou e o resultado obtido no ano 2022.
e) Certificación federativa onde figuren as competicións oficiais nas que participou no ano 2021.
f) Memoria descritiva da actividade que se vai a desenvolver no ano 2023 para a cal se pide a subvención.
g) Orzamento detallado de gastos e ingresos previsto para o ano 2023.
h) Certificación bancaria do número de conta onde se efectuarán os pagamentos.
i) Certificación ou declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa seguridade social impostas pola lexislación vixente.
De conformidad co disposto no artigo 24 do RD 887/2006, de 21 de xullo , os certificados de atoparse ao corrente con Facenda e a Seguridade Social poderán substituirse por unha declaración responsable cando o importe da subvención non supere os 3.000€. O solicitante neste punto deberá comprometerse a manter o seu cumprimento durante o periodo de tempo inherente a dito recoñecemento ou exercicio.
Por outra parte, o solicitante poderá conceder autorización ao concello para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación de atoparse ao corrente con Facenda e coa Seguridade Social a través de certificados telemáticos, en cuxo caso o solicitante non deberá aportar a correspondente certificación.
k) Declaración responsable conforme a que o/a solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.
l) Declaración de datos e compromisos.
m) Última resolución publicada no DOG da Secretaría Xeral para o Deporte onde figure o recoñecemento de Deportista Galega/o de Alto nivel (se é o caso).
Nos puntos h), i) e k) no caso dos menores de idade serán os datos dos titores legais.
Attachment | Size |
---|---|
ANEXO I CLUBS DEPORTIVOS_0.pdf | 88.4 KB |
ANEXO II DEPORTISTAS_0.pdf | 75.49 KB |
BOP 27072023_0.pdf | 330.77 KB |
DOCUMENTACIÓN PARA CUBRIR OS CLUBS_0.pdf | 314.57 KB |
DOCUMENTACIÓN PARA CUBRIR OS DEPORTISTAS_0.pdf | 123.27 KB |
RESUMEN DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS CLUBS_0.pdf | 41.67 KB |
RESUMEN DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS DEPORTISTAS_0.pdf | 48.25 KB |