O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as. Ano 2022.

| compartir:

Convócanse as subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as. Ano 2022.

Corrección de erros publicada no BOP do 14 de setembro.

O BOP número 175 do mércores 14 de setembro publica o Anuncio de avocación de competencias e corrección de erro material nas bases de subvencións da convocatoria de deportes para o 2022.

No Boletín Oficial da Provincia do 29/08/2022 (núm. 163) publicáronse as Bases reguladoras para a convocatoria de subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as polas actividades realizadas e para a preparación das diferentes competicións durante o ano 2022, que foran aprobadas pola Xunta de Goberno Local do 18/07/2022.
Realizada por Resolución da Alcaldía do 29/08/2022 corrección de erro material consistente na publicación do prazo de solicitudes, esta publicouse no BOP núm. 167 do 02/09/2022.
Detectouse un novo erro material na Base 4.2.1 d), consistente na anualidade da Memoria descritiva, que erróneamente aparece como ano 2022, debendo poñer ano 2021.
Por Resolución da Alcaldía do 07/09/2022, avocáronse as competencias delegadas na Xunta de Goberno Local,
mediante (Decreto de 4 de outubro de 2021 (Res 1049/2021), en relación co Decreto de 3 de xullo de 2020 (Res
622/2020)), para este acto en concreto, e procedeuse á corrección material do erro detectado nas Bases da convocatoria, de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro.
 

Así, onde di:
“4ª SOLICITUDES (...) 4.2. Documentación (...) 1) CLUBS DEPORTIVOS:(...) d) Memoria descritiva do ano 2022”,
debe dicir:
4ª SOLICITUDES (...) 4.2. Documentación (...) 1) CLUBS DEPORTIVOS: (...) d) Memoria descritiva do ano 2021”.

Publicado en teo.gal o 14 de setembro de 2022.

PRAZO DA SOLICITUDE:

O venres 02/09/2022 publicouse no BOP 167 a corrección de erros das bases da convocatoria de subvencións de A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO E DEPORTISTAS FEDERADOS/AS. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, é dicir, do 05/09 ao 23/09, ambos incluídos.

BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO E DEPORTISTAS FEDERADOS/AS POLAS ACTIVIDADES REALIZADAS E PARA A PREPARACIÓN DAS DIFERENTES COMPETICIÓNS DURANTE ANO 2022

1ª.— OBXECTO DA CONVOCATORIA

As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas á organización, promoción, preparación e/ou participación deportiva de clubs e deportistas federados/as no ano 2022, con cargo á partida 340/480.00 do orzamento 2022 por un importe total de 38.000 euros, dos que 8.500 euros se destinarán ás solicitudes formuladas por deportistas federados/as.

Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello de Teo, tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.

2ª.—BENEFICIARIOS/AS

a) Os clubs deportivos sen ánimo de lucro con domicilio social no Concello de Teo, inscritos en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas do Concello de Teo e no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, que participen en competicións de carácter oficial e/ou organicen e/ou promovan actividades deportivas. Teñen que pertencer a federacións recoñecidas polo Consello Superior de Deportes ou pola Administración Deportiva Autonómica de Galicia.

b) Os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos.

- Ter licenza federativa en vigor no momento da solicitude nalgunha das federacións deportivas recoñecidas pola Administración Deportiva Autonómica de Galicia e/ou polo Consello Superior de Deportes.

- Estar empadroados/as no Concello de Teo con anterioridade á aprobación destas bases.

- Participar en competicións de carácter oficial e que sexan mínimo de ámbito autonómico ou superior.

- Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria os/as deportistas que:

· Participen en competicións de carácter oficial por equipos en formato de ligas regulares.

· Participen en competicións de carácter oficial de ámbito autonómico que non outorgen prazas para as competicións de ámbito estatal da mesma modalidade/especialidade.

c) Non poderán ter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias numeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.

3ª.—ACTIVIDADES E GASTOS SUBVENCIONABLES

As subvencións que se outorguen ao abeiro das presentes bases, terán como finalidade:

a) Colaboración en gastos correntes derivados da realización de actividades de participación e/ou promoción deportiva por parte dos suxeitos mencionados no artigo 2º das presentes Bases e, dos gastos de conservación, mantemento ou reparación menores, que non teñan o carácter de investimento, necesarios para o desenvolvemento destas no ano 2022.

b) Gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos durante o ano 2022 dentro do territorio municipal.

c) Aqueles clubs que reciban unha subvención nominativa non poderán concorrer a esta convocatoria co mesmo obxecto de solicitude.

d) Non serán gastos subvencionables:

- Os xuros debedores de contas bancarias.

- Os xuros, recargos e sancións administrativas.

- Os gastos de procedementos xudiciais.

4ª.—SOLICITUDES

4.1.- Instancia de solicitude

As solicitudes presentaranse na instancia formalizada recollidas nos Anexos e dirixiranse ao concelleiro de Deportes.

Soamente pode presentarse unha única solicitude por club para unha ou varias modalidades.

No caso dos/as deportistas soamente pode presentarse unha única solicitude para unha única modalidade ou especialidade.

4.2.- Documentación (están os impresos oficiais na páxina www.teo.gal ou no Departamento de Deportes do Concello)

Xunto coa instancia de solicitude de subvención recollidas nos Anexo I e II presentarase a seguinte documentación:

1) CLUBS DEPORTIVOS: (datos referentes á tempada 2021/2022 ou o ano 2022 segundo corresponda á modalidade deportiva)

a) Certificado da Federación correspondente onde figuren o número de licenzas, o número de equipos e as categorías onde participa o club solicitante.

b) Declaración responsable asinada polo/a representante do club facendo constar:

b1) Deportistas femininas: listaxe con nome e apelidos especificando cales están empadroadas no Concello de Teo (o que se comprobará de oficio polo Departamento de Deportes) (se é o caso).

b2) Deportistas masculinos: listaxe con nome e apelidos especificando cales están empadroados no Concello de Teo (o que se comprobará de oficio polo Departamento de Deportes) (se é o caso).

b3) Técnicos/as: listaxe con nome e apelidos do persoal técnico do club, a súa titulación e a categoría na que adestren (con fotocopia compulsada do título de maior nivel de cada técnico/a e/ou fotocopia compulsada da súa ficha federativa).

c) Copia cotexada do CIF (no caso de non tela entregada xa noutras convocatorias anteriores).

d) Memoria descritiva do ano 2022, especificando as actividades/eventos deportivos nos que participou o club e as actividades/eventos deportivos que organizou (se é o caso).

e) Memoria descritiva da actividade que se vai a desenvolver no ano 2022 para a cal se pide a subvención, especificando as actividades/eventos deportivos nos que vai a participar o club e as actividades/eventos deportivos que vai a organizar (se é o caso).

f) Orzamento detallado de gastos e ingresos previsto para o ano 2022.

g) Certificación bancaria do número de conta onde se efectuarán os pagamentos.

h) Certificación ou declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa seguridade social impostas pola lexislación vixente.

i) Declaración responsable conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.

k) Declaración de datos e compromisos.

2) DEPORTISTAS FEDERADOS/AS:

a) Copia cotexada da licenza federativa en vigor.

b) Copia cotexada do DNI en vigor (no caso de non tela entregada xa noutras convocatorias anteriores).

c) Currículo deportivo.

d) Certificación federativa onde figuren as competicións oficiais nas que participou e o resultado obtido no ano 2022.

e) Certificación federativa onde figuren as competicións oficiais nas que participou no ano 2022.

f) Memoria descritiva da actividade que se vai a desenvolver no ano 2022 para a cal se pide a subvención.

g) Orzamento detallado de gastos e ingresos previsto para o ano 2022.

h) Certificación bancaria do número de conta onde se efectuarán os pagamentos.

i) Certificación ou declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa seguridade social impostas pola lexislación vixente.

k) Declaración responsable conforme a que o/a solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.

l) Declaración de datos e compromisos.

m) Última resolución publicada no DOG da Secretaría Xeral para o Deporte onde figure o recoñecemento de Deportista Galega/o de Alto nivel. (se é o caso)

Nos puntos h), i) e k) no caso dos menores de idade serán os datos dos titores legais.

4.3.- Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse a través da sede teo.gal no apartado de subvencions, axudas e premios.

De conformidade co disposto no artigo 24 do RD 887/2006, de 21 de xullo , os certificados de atoparse ao corrente con Facenda e a Seguridade Social poderán substituirse por unha declaración responsable cando o importe da subvención non supere os 3.000€. O solicitante neste punto deberá comprometerse a manter o seu cumprimento durante o periodo de tempo inherente a dito recoñecemento ou exercicio.

Por outra parte, o solicitante poderá conceder autorización ao concello para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación de atoparse ao corrente con Facenda e coa Seguridade Social a través de certificados telemáticos, en cuxo caso o solicitante non deberá aportar a correspondente certificación.

4.4.- Corrección de solicitude

Unha vez revisadas todas as solicitudes, a aquelas que conteñan erros ou deficiencias comunicaráselles e concederáselles un prazo de 10 días hábiles a partir da súa comunicación para a súa corrección. De non emendar os defectos no dito prazo arquivarase sen máis trámites.

Podes descargar aquí os anexos desta convocatoria

Publicado en teo.gal o 29 de agosto de 2022.