O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
1ª.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas a actividades organizadas ou promovidas por centros educativos públicos de ensino non universitario e as súas respectivas asociacións de nais e pais, pola realización de actividades de carácter educativo no ano 2022, con cargo á partida 320/48000 do orzamento de 2022, por un importe total de 13.000 euros, dos cales corresponden 6.000 euros para os centros educativos e os restantes 7000 euros para as ANPAS.
Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación da formación educativa do alumnado dos centros educativos públicos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do noso concello.
2ª.—BENEFICIARIOS/AS
Os centros públicos de ensino non universitario e asociacións de pais e nais, sen ánimo de lucro, con domicilio social no Concello de Teo e inscritas no Censo de Asociacións do Concello de Teo.
Non poderán ter a condición de beneficiarios aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias enumeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.
3ª.—ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
As subvencións que se outorguen ao abeiro das presentes bases, terán como finalidade:
7.1.a Colaboración en gastos correntes derivados da realización de actividades por parte dos suxeitos mencionados no artigo 2º das presentes Bases e, dos gastos de conservación, mantemento ou reparacións menores, que non teñan o carácter de investimento, necesarios para o desenvolvemento destas no ano 2022.
7.1.b Gastos ocasionados pola organización de actividades durante o ano 2022 dentro do territorio municipal ou fora do concello no caso de saídas de carácter didáctico.
7.1.c Gastos ocasionados pola compra de material necesario para adaptarse ás medidas de seguridade e hixiene derivadas pola situación creada pola COVID-19.
4ª.—LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse PREFERIBLEMENTE POLA SEDE ELECTRÓNICA do Concello de Teo (https://sede.teo.gal) ou no modelo normalizado ( Anexo I ) que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello, entre o 1 e o 30 de setembro de 2022 (ambos incluídos)
A convocatoria de subvencións farase pública no taboleiro de edictos do Concello e na web.
5ª.—DOCUMENTACIÓN
As solicitudes de subvención deberán presentarse no modelo normalizado ( Anexo I ), e irán acompañadas da seguinte documentación:
· Documento asinado polo/a representante da entidade facendo constar as actividades desenvolvidas e o número de alumnado participante. (Anexo II)
· Copia cotexada do CIF. Só necesaria en caso de non estar depositada no Concello.
· Carteis, notas de prensa ou calquera outro documento publicitario das actividades organizadas coas que concorre a esta subvención, se os houbera.
· Memoria económica do ano 2022, con especificación de ingresos e gastos, desagregándoos por conceptos.
· Memoria descritiva das actividades que se desenvolveron en 2022, detallando en cada unha:
- gastos en que se incorreu para a súa realización, a súa cuantificación e o financiamento que se obtivo.
- obxectivos que se pretendían acadar coa realización da actividade.
- obxectivos finalmente conseguidos.
· No caso do material comprado necesario para adaptarse ás medidas de seguridade hixiénica derivadas da situación creada pola COVID-19, factura oficial correspondente ao gasto.
· Certificación bancaria da conta onde se efectuarán os pagamentos.
· Declaración xurada conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.
· No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de 10 días para a súa corrección, arquivándose sen máis trámites de non se emendaren os defectos no dito prazo.
Publicado en teo.gal o 29 de agosto de 2022.
Attachment | Size |
---|---|
BOP 29-10-2022 CONVOCATORIA SUBV EDUCACION.pdf | 137.6 KB |