O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Subvencións a entidades para clubs e deportistas federados para o exercicio 2021

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Publícanse no BOP as Bases da Convocatoria de Subvencións a entidades para clubs e deportistas federados para o exercicio 2021.

BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO E DEPORTISTAS FEDERADOS/AS POLAS ACTIVIDADES REALIZADAS E PARA A PREPARACIÓN DAS DIFERENTES COMPETICIÓNS  DURANTE ANO 2021


1ª.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas á organización, promoción, pre-
paración e/ou participación deportiva de clubs e deportistas federados/as no ano 2021, con cargo á partida 340/480.00
do orzamento 2021 por un importe total de 38.000 euros, dos que 8.500 euros se destinarán ás solicitudes formuladas
por deportistas federados/as.
Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación do deporte, a promoción da práctica
deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello de Teo, tanto a curto como a longo prazo, impulsando ade-
mais deste xeito formas de ocio alternativo.


2ª.—BENEFICIARIOS/AS
a) Os clubs deportivos sen ánimo de lucro con domicilio social no Concello de Teo, inscritos en todos os casos, no
Rexistro de Entidades Deportivas do Concello de Teo e no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, que participen en
competicións de carácter oficial e/ou organicen e/ou promovan actividades deportivas. Teñen que pertencer a federacións
recoñecidas polo Consello Superior de Deportes ou pola Administración Deportiva Autonómica de Galicia.
b) Os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos.
- Ter licenza federativa en vigor no momento da solicitude nalgunha das federacións deportivas recoñecidas pola Admi-
nistración Deportiva Autonómica de Galicia e/ou polo Consello Superior de Deportes.
- Estar empadroados/as no Concello de Teo con anterioridade á aprobación destas bases.
- Participar en competicións de carácter oficial e que sexan mínimo de ámbito autonómico ou superior.
- Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria os/as deportistas que:
· Participen en competicións de carácter oficial por equipos en formato de ligas regulares.
· Participen en competicións de carácter oficial de ámbito autonómico que non outorgen prazas para as competicións
de ámbito estatal da mesma modalidade/especialidade.
c) Non poderán ter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias
numeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.


3ª.—ACTIVIDADES E GASTOS SUBVENCIONABLES
As subvencións que se outorguen ao abeiro das presentes bases, terán como finalidade:
a) Colaboración en gastos correntes derivados da realización de actividades de participación e/ou promoción deportiva
por parte dos suxeitos mencionados no artigo 2º das presentes Bases e, dos gastos de conservación, mantemento ou
reparación menores, que non teñan o carácter de investimento, necesarios para o desenvolvemento destas no ano 2021.
b) Gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos durante o ano 2021 dentro do territorio municipal.
c) Aqueles clubs que reciban unha subvención nominativa non poderán concorrer a esta convocatoria co mesmo
obxecto de solicitude.
d) Non serán gastos subvencionables:
— Os xuros debedores de contas bancarias.
— Os xuros, recargos e sancións administrativas.
— Os gastos de procedementos xudiciais.


4ª.—SOLICITUDES
4.1.- Instancia de solicitude
As solicitudes presentaranse na instancia formalizada recollidas nos Anexos e dirixiranse ao concelleiro de Deportes.
Soamente pode presentarse unha única solicitude por club para unha ou varias modalidades.
No caso dos/as deportistas soamente pode presentarse unha única solicitude para unha única modalidade ou
especialidade.
4.2.- Documentación (están os impresos oficiais na páxina www.teo.gal ou no Departamento de Deportes do Concello)
Xunto coa instancia de solicitude de subvención recollidas nos Anexo I e II presentarase a seguinte documentación:
1) CLUBS DEPORTIVOS: (datos referentes á tempada 2020/2021 ou o ano 2021 segundo corresponda á modalidade
deportiva)
a) Certificado da Federación correspondente onde figuren o número de licenzas, o número de equipos e as categorías
onde participa o club solicitante.
b) Declaración responsable asinada polo/a representante do club facendo constar:
b1) Deportistas femininas: listaxe con nome e apelidos especificando cales están empadroadas no Concello de Teo (o
que se comprobará de oficio polo Departamento de Deportes) (se é o caso).
b2) Deportistas masculinos: listaxe con nome e apelidos especificando cales están empadroados no Concello de Teo
(o que se comprobará de oficio polo Departamento de Deportes) (se é o caso).
b3) Técnicos/as: listaxe con nome e apelidos do persoal técnico do club, a súa titulación e a categoría na que adestren
(con fotocopia compulsada do título de maior nivel de cada técnico/a e/ou fotocopia compulsada da súa ficha federativa).
c) Copia cotexada do CIF (no caso de non tela entregada xa noutras convocatorias anteriores).
d) Memoria descritiva do ano 2020, especificando as actividades/eventos deportivos nos que participou o club e as
actividades/eventos deportivos que organizou (se é o caso).
e) Memoria descritiva da actividade que se vai a desenvolver no ano 2021 para a cal se pide a subvención, especi-
ficando as actividades/eventos deportivos nos que vai a participar o club e as actividades/eventos deportivos que vai a
organizar (se é o caso).
f) Orzamento detallado de gastos e ingresos previsto para o ano 2021.
g) Certificación bancaria do número de conta onde se efectuarán os pagamentos.
h) Certificación ou declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa seguridade
social impostas pola lexislación vixente.
i) Declaración responsable conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percep-
ción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.
k) Declaración de datos e compromisos.
2) DEPORTISTAS FEDERADOS/AS:
a) Copia cotexada da licenza federativa en vigor.
b) Copia cotexada do DNI en vigor (no caso de non tela entregada xa noutras convocatorias anteriores).
c) Currículo deportivo.
d) Certificación federativa onde figuren as competicións oficiais nas que participou e o resultado obtido no ano 2020.
e) Certificación federativa onde figuren as competicións oficiais nas que participou no ano 2019.
f) Memoria descritiva da actividade que se vai a desenvolver no ano 2021 para a cal se pide a subvención.
g) Orzamento detallado de gastos e ingresos previsto para o ano 2021.
h) Certificación bancaria do número de conta onde se efectuarán os pagamentos.
i) Certificación ou declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa seguridade
social impostas pola lexislación vixente.
k) Declaración responsable conforme a que o/a solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de
percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.
l) Declaración de datos e compromisos.
m) Última resolución publicada no DOG da Secretaría Xeral para o Deporte onde figure o recoñecemento de Deportista
Galega/o de Alto nivel. (se é o caso)
Nos puntos h), i) e k) no caso dos menores de idade serán os datos dos titores legais.
4.3.- Presentación de solicitudes
As solicitudes e a documentación presentaranse PREFERIBLEMENTE POLA SEDE ELECTRÓNICA do Concello de Teo
(https://sede.teo.gal ) conforme aos modelos que figuran nos anexos, ou no Rexistro Xeral do Concello, presencialmente,
en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
O prazo é de quince (15) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convo-
catoria no Boletín Oficial da Provincia.
Igualmente, as ditas solicitudes poderanse presentar por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015,
de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (ou naqueloutras previsións normati-
vas concordantes e/ou substitutivas deste artigo). Neste caso comunicarase ao Concello dentro do prazo de presentación
de instancias, por correo electrónico ao enderezo: deportes@teo.gal, ou por calquera outro medio polo que quede debida-
mente acreditado, achegando copia do resgardo da presentación da solicitude.