O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
ANUNCIO DE NOMEAMENTO PUBLICADO NO BOP
O BOP número 60 do 28 de marzo publica o anuncio de nomeamento de persoal laboral fixo.
Resolución da Alcaldía do Concello de Teo, de contratación de persoal laboral fixo.
Rematado o procedemento incluído no marco do proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do disposto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pertencente á OEP 2022, a Resolución da Alcaldía n.º 374/2023, de 22 de marzo, do Concello de Teo, resolveu a contratación de Ana María Varela González, provista de DNI nº ***3781**, como persoal laboral fixo, para a praza de técnica de medio ambiente.
Consulta aquí o anuncio completo
Publicado en teo.gal o 28 de marzo de 2023
REQUERIMENTO DOCUMENTACIÓN PARA NOMEAMENTO E APROBACIÓN DA BOLSA
Publícase a resolución pola que se aproba a proposta do Tribunal do contratación de Ana María Varela González, con DNI ***3781* , como persoal laboral fixo, para ocupar a praza de técnica de medio ambiente.
Consulta aquí a resolución completa.
Requíreselle á candidata que presente a documentación conforme ao previsto nas Bases.
Apróbase a creación da bolsa de emprego de técnica/o de medio ambiente coa relación de aspirantes que podes consultar premendo aquí.
Publicado en teo.gal o 15 de marzo de 2023.
ACTA DA SESIÓN DO TRIBUNAL PARA A SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE. PERSOAL LABORAL FIXO.
O tribunal publica a puntuación final total das persoas aspirantes do proceso selectivo, eleva á Alcaldía a referida relación de aspirantes para proceder ao nomeamento como técnica de medio ambiente, persoal laboral fixo, a D.ª Ana María Varela González, con DNI ***3781* por ser a persoa aspirante que acadou a maior puntuación no proceso selectivo e propón á Alcaldía a creación dunha bolsa de traballo para a praza convocada coas persoas aspirantes finalmente non seleccionadas.
Consulta aquí a acta do tribunal co resultado da baremación.
Contra a baremación as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o tribunal no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da devandita baremación. O prazo de reclamación esténdese do 10 ao 14 de marzo de 2023.
Publicado en teo.gal o 9 de marzo de 2023.
LISTA DEFINITIVA. ESTABILIZACIÓN. TÉCNICO/A MEDIO AMBIENTE. PERSOAL LABORAL FIXO.
Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de técnico/a de medio ambiente, persoal laboral fixo.
Consulta aquí a lista definitiva
No decreto de aprobación da lista definitiva tamén se nomea o tribunal cualificador.
Convocar aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro 9 de marzo ás 10:00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.
Publicado en teo.gal o 01/03/2023
LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. TÉCNICO/A MEDIO AMBIENTE. PERSOAL LABORAL FIXO.
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de técnico/a de medio ambiente, persoal laboral fixo.
Consulta aquí a listaxe provisional.
As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.
O prazo esténdese do 25 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2023.
ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE.
Proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da lei 20/2021, do 28 de decembro.
O BOE número 301 do 16 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de Técnico/a de medio ambiente, grupo B, técnico especialista.
Consulta aquí o anuncio completo.
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer mediante o sistema de concurso a praza de técnico/a de medio ambiente.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado".
O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 17 de decembro de 2022 ao 16 de xaneiro de 2023.
Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso.
Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2022.
ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE.
O DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Consulta aquí o anuncio completo.
O anuncio inclúe a convocatoria da praza de Técnico/a de medio ambiente, grupo B, técnico especialista.
Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.
BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. PRAZA DE TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE.
O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO
O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Convócase a praza de técnico/a de medio ambiente, grupo B, técnico especialista.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022, de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí
Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.
Attachment | Size |
---|---|
anuncio BOE - 16.12.22_5.pdf | 190.19 KB |
anuncion dog estabilizacion_0_5.pdf | 411.82 KB |
bases estabilizacion disposicions 6 e 8 _5.pdf | 252.57 KB |
Instancia_estabilización_concurso_5.pdf | 67.21 KB |
Listas provisionais_técnico_a_medio_ambiente.pdf | 52.45 KB |
Listas definitivas_técnico_a_medio_ambiente.pdf | 62.88 KB |
ACTA VALORACIÓN TECNICO-A MEDIO AMBIENTE.pdf | 351.71 KB |
Resolución requirimento contratación e lista agarda tca medio ambiente.pdf | 58.39 KB |
nomeamento tca medio ambiente.pdf | 98.32 KB |