O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Resolución da Alcaldía.
Contrátase como persoal laboral fixo a María Lucía Mosquera Miramontes, con DNI nº ***0726**, para prover unha (1) praza de técnica/o de xestión cultural, grupo A, subgrupo A2, con data de efectos do día seguinte ao da notificación da presente Resolución.
Notifícase a presente resolución á interesada para o seu coñecemento e efectos oportunos e dar traslado á concelleira de Cultura, Turismo, Festas Tradicionais e Festexos, así como como aos Departamentos de Intervención e Recursos Humanos.
Publicado en teo.gal o 19 de novembro de 2024.
Requirimento documentación e aprobación bolsa técnica/o de xestión cultural.
Aprobada a proposta do Tribunal respecto da contratación de María Lucía Mosquera Miramontes, provista de DNI n.º ***0726**, como persoal laboral fixo, para ocupar a praza de praza de técnica de xestión cultural, persoal laboral fixo, grupo A, subgrupo A2.
Notificar a presente Resolución á candidata proposta requiríndolle, para que no prazo de vinte (20) días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, presente a documentación requirida.
Aprobar a creación da bolsa de emprego de técnica/o de xestión cultural.
Publicado en teo.gal o 7 de novembro de 2024.
ACTA DA SESIÓN DO TRIBUNAL. TÉCNICO/A DE XESTIÓN CULTURAL. PERSOAL LABORAL FIXO.
Á vista das puntuacións obtidas no proceso selectivo e atendendo ao estipulado no apartado 2 da base novena na que se indican os criterios a seguir no suposto de empate, procédese a establecer a baremación definitiva das persoas aspirantes.
De acordo co previsto na base décima, propoñer á Alcaldía a referida relación de aspirantes para proceder á contratación como técnico/a de xestión cultural, persoal laboral fixo, A2, a D.ª María Lucía Mosquera Miramontes, con DNI ***0726** por ser a persoa aspirante que acadou a maior puntuación no proceso selectivo.
Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da devandita baremación segundo se establece na base oitava.
Publicado en teo.gal a 30 de outubro de 2024.
LISTAS DEFINITIVAS. ESTABILIZACIÓN. TÉCNICO/A DE XESTIÓN CULTURAL. PERSOAL LABORAL FIXO.
Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo para a provisión, dunha (1) praza de técnico/a de xestión cultural, persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Convocar ás persoas integrantes do tribunal cualificador para o vindeiro día luns 28 de outubro de 2024, ás 9.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.
Publicado en teo.gal o 16 de outubro de 2024.
LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. TÉCNICO/A DE XESTIÓN CULTURAL. PERSOAL LABORAL FIXO.
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de técnico/a de xestión cultural, persoal laboral fixo.
Consulta aquí a listaxe provisional.
As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.
O prazo esténdese do 30 de xaneiro ao 10 de febreiro de 2023.
Respecto da documentación non presentada e que figura como causa de exclusión lémbrase a seguinte información:
Publicado en teo.gal o 27 de xaneiro de 2023.
ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. TÉCNICO/A DE XESTIÓN CULTURAL. ESTABILIZACIÓN.
Proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da lei 20/2021, do 28 de decembro.
O BOE número 301 do 16 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de técnico/a de xestión cultural, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A2, técnico medio.
Consulta aquí o anuncio completo.
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer mediante o sistema de concurso a praza de técnico/a de xestión cultural.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado".
O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 17 de decembro de 2022 ao 16 de xaneiro de 2023.
Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso.
Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2022.
ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. TÉCNICO/A DE XESTIÓN CULTURAL.
O DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Consulta aquí o anuncio completo.
O anuncio inclúe a convocatoria da praza de técnico/a de xestión cultural, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A2, técnico medio.
Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.
BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. PRAZA DE TÉCNICO/A DE XESTIÓN CULTURAL.
O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO
O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Convócase da praza de técnico/a de xestión cultural, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A2, técnico medio.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022,de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí
Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.
Attachment | Size |
---|---|
anuncio BOE - 16.12.22_10.pdf | 190.19 KB |
anuncion dog estabilizacion_0_10.pdf | 411.82 KB |
bases estabilizacion disposicions 6 e 8 _10.pdf | 252.57 KB |
Instancia_estabilización_concurso_10.pdf | 67.21 KB |
Listas provisionasi_técnica_o_xestión_cultural.pdf | 56.3 KB |
Resolución_listas definitivas_tecnica xestion cultural.pdf | 63.44 KB |
Acta tribunal tecnica cultura_f.pdf | 368.85 KB |
Resolución requirimento documentación._aprobacion bolsa.pdf | 57.66 KB |
Resolución contratación_LM.pdf | 51.46 KB |