O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Traballador/a forestal. Aprol rural 24.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUNHA (1) PERSOA DESEMPREGADA PARA OCUPAR O POSTO DE TRABALLADOR FORESTAL (Categoría OF. 2ª GC8) PARA O CONCELLO DE TEO. APROL RURAL 2024

En virtude dos resultados obtidos, e de acordo coas bases que rexen a convocatoria, o tribunal propón á Alcaldía a contratación de D. Vanessa Gómez Buela como traballadora forestal (Categoría OF. 2ª GC8), por período de nove (9) meses, xornada completa, ao abeiro da concesión de subvención para o fomento do emprego no medio rural APROL RURAL (DOG nº 17, de 24/01/2024)

Seguindo a base sexta das que rexen a convocatoria, as persoas interesadas poderán presentar reclamacións no prazo máximo de 2 días dende a publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios e na web do Concello.


Co obxecto de subscribir os correspondentes contratos laborais, as persoas aspirantes propostas disporán dun prazo de dous (2) días, contado desde o día seguinte ao da publicación no taboleiro de anuncios da proposta de contratación, para achegar a documentación actualizada segundo a cláusula novena.

 

 

RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE DÚAS PERSOAS COMO TRABALLADORES FORESTAIS (Categoría OF. 2ª GC8) PARA O CONCELLO DE TEO. APROL RURAL 2024

Publícase a proposta de Alcaldía para a contratación de D. Antonio García Pinaque como traballador forestal (Categoría OF. 2ª GC8), por período de nove (9) meses, xornada completa, ao abeiro da concesión de subvención para o fomento do emprego no medio rural APROL RURAL (DOG nº 17, de 24/01/2024).

Publicado en teo.gal o 24 de maio de 2024.

 

LISTA DEFINITIVA PROCESO SELECTIVO TRABALLADOR FORESTAL. APROL RURAL 2024
 

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous (2) postos de traballador/a forestal para o Concello de Teo (APROL RURAL 2024). 

Convócase ao tribunal para o venres 24 de maio de 2024 ás 09:00 horas na Sala de Xuntas da Casa Consistorial, co obxecto de proceder á baremación de méritos achegados polas persoas aspirantes.

O tribunal empraza ás persoas aspirantes no proceso selectivo para a realización da proba práctica que terá lugar o venres 24 de maio de 2024 ás 12:00 horas na Nave do Concello, sita no lugar de Lucí, nº 58.

Publicado en teo.gal o 23 de maio de 2024. 
 

 

LISTA PROVISIONAL PROCESO SELECTIVO TRABALLADOR/A FORESTAL. APROL RURAL 24. 

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous postos de traballadores forestais para o Concello de Teo. Aprol rural 2024. 

As persoas aspirantes excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de tres (3) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución para reclamación ou subsanación de defectos. O prazo estenderase do 20 de maio ao 22 de maio, ambos os dous incluídos. 
 

Publicado en teo.gal o 16 de maio de 2024