O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 12 de novembro de 2019, aproba a concesión das Subvencións a entidades educativas para actividades realizadas en 2019. Así mesmo tamén aproba a concesión das Subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados do concello.
As subvencións educativas teñen un importe concedido de 13.000 euros e repártense entre as Anpas e os centros educativos. Pédese consultar a proposta de concesión premendo aquí.
As subvencións deportivas teñen un importe de concesión de 38.000 euros e repártense entre clubs e deportistas federados. Pódese consultar a proposta de concesión premendo aquí.
Segundo especifican as bases da convocotoria destas subvencións agora as entidades adxudicatarias deben xustificar o importe concedido.
Attachment | Size |
---|---|
ACTA SUBVENCIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2019.pdf | 134.38 KB |
subvencionsentidadeeducativas.pdf | 97.88 KB |