O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Adquisición de bens inmobles para centro de día

Resolución de Alcaldía:

Adquisición de bens inmobles para Centro de Día a José Oreiro Lameiro e a José Ángel Oreiro Romar. EXPED. 2024/C009/000002

Os inmobles adquírense, de acordo co previsto na cláusula 9 do Prego de condicións, libres de cargas e gravames e ao corrente de todas as taxas, impostos e contribucións, tanto locais, estatais e/ou autonómicas.

Publicado en teo.gal o 3 de decembro de 2024.

 

 

Aprobado o Prego de condicións, do 19 de novembro de 2024, que rexerá a adquisición directa polo Concello de Teo, mediante compravenda, de inmobles para un centro de día, polo prezo de cento oitenta e seis mil douscentos noventa e oito euros con noventa e seis céntimos de euro (186.298,96 €).

Achégase o certificado da Resolución de aprobación  do expediente de adquisición de bens inmobles para centro de día.

Publicado en teo.gal o 3 de decembro de 2024.