O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Anuncio de exposición pública do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Teo

Publícase o anuncio de exposición pública do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Teo.

O Pleno da Corporación, na sesión celebrada o 1 de xullo de 2020, acordou aprobar inicialmente o “Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Teo”, elaborado pola SEAGA e informado favorablemente pola Dirección Xeral de defensa do monte da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, e expoñelo ao público, por un período de 20 días, para a presentación de alegacións, mediante publicación de anuncio no BOP, na páxina web municipal e na sede electrónica, computándose o prazo a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.

Consulta aquí o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Teo

No caso de que non se presenten alegacións, considerarase aprobado definitivamente o citado Plan.

Publicado en teo.gal o 6 de xullo de 2020. 

 

Arquivos