O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello publica o anuncio de prórroga do convenio para prestar o servizo de atención temperá do Concello de Teo e Ames asinado en outubro de 2022.
De conformidade co artigo 8.1 b) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, faise público que o Pleno do Concello de Teo, na sesión ordinaria do 28 de setembro de 2022, e o Pleno do Concello de Ames, na sesión ordinaria do 29 de setembro de 2022, acordaron prorrogar por un ano o CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A XESTIÓN COMPARTIDA-AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ NO MARCO DA REDE GALEGA (Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se reda a Rede galega de atención temperá), dende o 1 de novembro de 2022 ata o 31 de outubro de 2023.
De acordo co exposto, con data de 27 de outubro de 2022 formalizouse en documento administrativo a prorroga do citado Convenio.
Publicado en teo.gal o 2 de novembro de 2022.
Attachment | Size |
---|---|
12.- PUBLICAC. CONV. SAT PORTAL DE TRANSPARENCIA.pdf | 128.03 KB |