O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Anuncio modificación ordenanza do imposto sobre incremento do valor de terreos de natureza urbana

No BOP número 41 do mércores 2 de marzo publícase o anuncio de aprobación provisional de modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor de terreos de natureza urbana.

Téndose aprobado provisionalmente a modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do imposto sobre incremento de valor de terreos de natureza urbana, mediante acordo do Pleno da Corporación de data 23/02/2022, e, dando cumprimento ó disposto no artigo 17.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, procédese á súa exposición pública no taboleiro de anuncios desta entidade, durante trinta días, a contar dende a súa publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os interesados poidan examinar o expediente e formular as reclamacións que estimen oportunas.

Podes consultar o texto aprobado en pleno premendo aquí

Publicado en teo.gal o 3 de marzo de 2022. 

Arquivos
Attachment Size
anuncio_plusvalia.pdf 70.35 KB
6.- CERT. ORDENANZA PLUSVALIA.pdf 397.47 KB