O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Por medio do presente faise publico que, para dar cumprimento ao requirimento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de 11 de novembro de 2016 (rex. entrada nº 9869, de 15/11/2016), o Pleno do concello de Teo, na sesión ordinaria de 29 de xuño de 2017, acordou:
Primeiro.- Iniciar o procedemento de revisión de oficio do acordo adoptado polo Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 29 de setembro de 2016, polo que se aprobou definitivamente o Estudo de Detalle para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcamento, na antiga estrada de Santiago á A Estrada km 3, lugar de Estivada (Cacheiras), promovido por Mercadona S.A. e redactado polo arquitecto Ramón Amadeo Facal Grobas (rex. entrada nº 2087, de 18/03/2016), ao tratarse dunha disposición administrativa nula, ao amparo do artigo 47.2 da LPACAP.
Segundo.- Conceder ao/s interesado/s un prazo de vista e audiencia no expediente, durante o prazo de 10 días, a contar dende o seguinte ao da notificación e publicación do presente, para que alegue/n o que estime conveniente en defensa dos seus dereitos achegando os documentos e xustificantes que consideren pertinentes.
O citado prazo computarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente no Diario Oficial de Galicia.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Teo, 30 de xuño de 2016
Rafael C. Sisto Edreira
Attachment | Size |
---|---|
anuncioestudodetallemercadona.pdf | 36.66 KB |