O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Aprobación inicial do Regulamento do Consello Local da Infancia e Adolescencia do Concello de Teo

O Pleno municipal, na sesión ordinaria do 31 de xaneiro de 2018, acordou aprobar inicialmente o Regulamento do Consello Local da Infancia e Adolescencia do Concello de Teo, e sometelo a información pública.

De acordo co exposto e para dar cumprimento ao previsto nos artigos 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sométese o expediente a información pública mediante anuncio no BOP, no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, durante o prazo de 30 días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de A Coruña, co obxecto de que toda persoa interesada poida formular as reclamacións e suxerencias que estime oportunas, podendo ser consultado o expediente na Secretaría do concello.

No suposto de que non se formulen reclamacións durante a exposición pública, quedará aprobado definitivamente o Regulamento citado.

O citado anuncio publicouse no BOP número 27 do 7 de febreiro de 2018.

Arquivos
Attachment Size
anuncioregulamentoclia.pdf 58.41 KB