O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

CONSULTA PÚBLICA PREVIA SOBRE O REGULAMENTO DE CONDICIÓNS DE PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DOS CONCELLOS DE TEO E AMES

De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de regulamento, sustanciarase una consulta pública, a través do portal web da administración competente, na que se recabará a opinión das persoas e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma sobre:


      a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
      b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
      c) Os obxectivos da norma.
      d) As posibles soluciones alternativas reguladoras e no reguladoras.
 

A cidadanía e organizacións que así lo consideren, poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos formulados neste cuestionario, entre o día 26 de febreiro e o 25 de marzo de 2025 (ambos incluídos), a través do seguinte correo electrónico: servizossociais@teo.gal