Publícase a resolución de continuación de procedementos de licenzas urbanísticas.
Na resolución resólvese:
- Continuar a tramitación dos expedientes de licenzas urbanísticas suspendidos polo RD 463/2020, do 14 de marzo, cando se den as circunstancias descritas no apartado 3 da disposición adicional terceira do citado RD e se conte, no seu caso, coa conformidade dos/as interesados/as.
- Aprobar o modelo normalizado, que se achega como anexo á presente, que será posto a disposición das persoas interesadas na sede electrónica para que, se o consideran oportuno, amosen a súa conformidade para continuar co expediente de concesión de licenza que sinalen en cada caso.
- Notificar a presente ás persoas interesadas, indicándolles expresamente o seu dereito a prestar a súa conformidade á continuación dos procedementos de concesión de licenzas nos que teñan a condición de interesados/as.
- Facer público a presente mediante a súa publicación na web municipal, no portal de transparencia e na sede electrónica.
- Contra a presente resolución non cabe recurso, por tratarse dun acto de mero trámite segundo dispoñen o artigo 112 da Lei 39/15, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, e artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
- Dar conta ao Pleno na vindeira sesión ordinaria que se celebre.
Consulta aquí a resolución completa.
Publicado en teo.gal o 8 de maio de 2020.
O BOP número 72 do luns 25 de maio publica o anuncio de Resolucións da Alcaldía e da concelleira de urbanismo, ditados ao amparo dos apartados 3 e 4 da Dispos. adic. 3.ª do RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, relativos a continuación de varios procedementos.