O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publícase o Convenio de colaboración para a xestión compartida-agrupación de Concellos do servizo de atención temperá no marco da Rede Galega.
Consulta aquí o citado convenio
De conformidade co artigo 8.1 b) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, faise público que o Pleno do Concello de Ames, o 2 de setembro de 2021, acordou aprobar a encomenda de xestión no Concello de Teo para a prestación do servizo de Atención temperá e aprobar o Convenio a asinar co Concello de Teo que materializa dita encomenda, e o Pleno do Concello de Teo, de 29 de setembro de 2021, acordou aceptar a encomenda de xestión do Concello de Ames para a prestación do servizo de Atención temperá e aprobar o correspondente Convenio.
De acordo co exposto, con data de 11 de outubro de 2021 asinouse entre o Concello de Ames e o Concello de Teo o “CONVENIO DE COLABORACION PARA A XESTION COMPARTIDA-AGRUPACION DE CONCELLOS DO SERVIZO DE ATENCION TEMPERÁ NO MARCO DA REDE GALEGA (Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a rede galega de atención temperá)”. O que se fai público para xeral coñecemento Teo.
Publicado en teo.gal o 13 de outubro de 2021.
Attachment | Size |
---|---|
publicacion_convenioatenciontempera.pdf | 732.71 KB |