O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Pleno da Corporación, na sesión do 23 de decembro de 2019, aprobou o seu Plan anual normativo 2020.
En dito Plan, incluíase o Regulamento de funcionamento de hortas urbanas municipais do Concello de Teo, aprobado no Pleno do 27 de febreiro de 2014 e publicado no BOP núm. 94 do 20 de maio de 2014.
Aos efectos de poder recabar a opinión da veciñanza e que esta poida aportar suxestións para a modificación e simplificación de dito Regulamento, establécese un período de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio na web municipal, para que toda a veciñanza do concello poida achegar as súas aportacións á Secretaría Xeral do Concello, por rexistro de entrada, de calquera dos xeitos dispostos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas.
Podes consultar aquí o regulamento de funcionamento das hortas urbanas en vigor
Publíquese tamén no taboleiro de anuncios da Casa consistorial, e dase traslado aos/ás actuáis usuarios/as das hortas urbanas munipais.
O prazo de quince días para recibir suxestións estédense entre o 24 de xullo e o 13 de agosto.
Publicado en teo.gal o 23 de xullo de 2020.
Attachment | Size |
---|---|
Regulamento das hortas-revisión .pdf | 122.62 KB |
regulamentohortasurbanasmuncipais.pdf | 183.09 KB |