O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Modificación do calendario fiscal 2020 da taxa de abastecemento de auga, sumidoiros e depuración

A resolución coa modificación do calendario fiscal 2020 da taxa de abastecemento de auga, sumidoiros e depuración publicouse no Boletín Oficial da Provincia número 68 do martes 12 de maio.

Consulta aquí a publicación no BOP.

Publícase a resolución da alcaldía coa modificación do calendario fiscal 2020 da taxa de abastecemento de auga, sumidoiros e depuración.

Consulta aquí a resolución completa. 

Na citada resolución acórdase: Modificar o calendario fiscal do exercicio 2020 da taxa de abastecemento de auga, sumidoiros e depuración e canón da auga da Xunta de Galicia (BOP nº 34, do 19/02/2020), establecendo os seguintes prazos de pago en período voluntario e engadindo a data de cargo de domiciliacións:

  • 1º TRIMESTRE 2020: DO 15/04/20 AO 31/07/2020. Cargo do recibo: 05/06/2020
  • 2º TRIMESTRE 2020: DO 14/08/20 AO 15/10/20. Cargo do recibo:  05/09/2020
  • 3º TRIMESTRE 2020 DO 2/11/2020 AO 04/01/2021. Cargo do recibo: 05/12/2020
  • 4º TRIMESTRE 2020 DO 15/01/2020 AO 05/04/2021. Cargo do recibo: 05/02/2020

Publicado en teo.gal o 8 de maio de 2020.