O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Plan de disposición de fondos da tesourería do Concello de Teo

O Concello de Teo publica no BOP número 42 do 4 de marzo o Plan de disposición de fondos da tesourería do Concello de Teo. 

  1. O Plan de Disposición de Fondos da Tesourería desta corporación ten por obxecto conseguir unha adecuada distribución temporal dos pagos e unha correcta estimación da necesidade de endebedamento para a puntual satisfacción das obrigacións, atendendo ás prioridades legalmente establecidas, conforme ás directrices marcadas pola Corporación.
  2. A xestión dos fondos integrantes da tesourería, salvo disposición legal en contrario, realizarase baixo o principio de unidade de caixa coa centralización de todos os fondos e valores xerados por operacións orzamentarias e por operacións non orzamentarias ordenándose á Tesourería Xeral que utilice todos os recursos dinerarios dispoñibles para o pago das obrigacións.
  3. Cando da programación das dispoñibilidades líquidas que teña que realizar a Tesourería se deducise que o cumprimento do presente Plan de disposición de fondos puidese impedir a cobertura dos vencementos periódicos de amortización e intereses das operacións financeiras concertadas, ou dunha vez satisfeitos estes, dos gastos de persoal, axustarase a programación das restantes ordes de pago á oportuna dotación que se xere para cubrir a dotación dos devanditos gastos prioritarios durante polo menos un trimestre.

Consulta aquí o plan completo. 

 

Arquivos