O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Mediante a Resolución da Alcaldía do 21 de maio de 2025 aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de hípica na Pedra, San Xoán, de setembro de 2024, promovido por Francisca López Pérez e redactado por Abtemas, S.L. (rexistro de entrada número 202400000004332, do 16.9.2024).
Sométese o expediente a información pública durante o prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en La Voz de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial del Estado (75 da LSG, 186 e 207 do RLSG e
44 da LPACAP). Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública (artigo 207.2.d) do RLSG).
O expediente completo estará á disposición das persoas interesadas no Departamento de Urbanismo do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
| Attachment | Size |
|---|---|
| Aprobación inicial plan especial Centro Hípica A Pedra.pdf | 358.59 KB |