O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Durante o mes de abril teremos 4 obradoiros que forman parte dun mesmo proxecto: Teo con esencia de muller. Con este programa tratamos de crear un espazo libre e seguro onde as mulleres poidan gozar dun tempo para elas e no que compartir con outras mulleres. Ao mesmo tempo que se facilitarán consellos que lles permitan traballar o benestar físico, mental e emocional na súa vida diaria. Levaranse a cabo os xoves dende o día 9 ata o 30 na casa común de Oza en horario de 18:00 a 19:30. Os obradoiros serán os seguintes:
- Xoves 9: Conecta coa túa esencia a través do Mindfulness e o movemento corporal : Experiencia vivencial que combina Mindfulness, movemento consciente e aromaterapia, inspirada na esencia íntima de mulleres galegas como Rosalía de Castro, María Mariño e Emilia Pardo Bazán.
- Xoves 16: Conecta coa túa esencia a través da Sonoterapia e coa Aromaterapia: Este obradoiro consiste na escolla dun aceite esencial vinculado a unha emoción POSITIVA concreta e relacionada cunha ou varias mulleres coas que estamos a traballar: mulleres de Teo e/ou galegas que foron pioneiras e abriron camiño. Será o fío condutor durante a sesión para que esa emoción se integre en nós. O acompañamento de son con frecuencias, potencia a emoción que se está traballando.
- Xoves 23: Conecta coa túa esencia a través da Arteterapia: Esta é a unha experiencia dun programa de consciencia e benestar dirixido a mulleres que integra dinámicas de terapias naturais co fin de traballar a autoestima, a propiocepción corporal, mental e emocional; o apoderamento e forza de muller, a toma de conciencia e o auto coidado/coidado persoal.
- Xoves 30: Conecta coa túa esencia a través da Biodanza: Esta actividade é para experimentar o noso poder interior rescatando a guerreira e a sacerdotisa que levamos dentro. A nosa forza e sensibilidade, o Yin e o Yang.
O sábado 11 teremos unha nova andaina dentro do programa "Voces que camiñan" que leva por título: "corresponsabilidade e vida digna" onde falaremos do reparto xusto dos coidados no fogar e na comunidade.
O domingo 19 teremos a excusión das mulleres, e este ano pola mañán visitaremos a Fortaleza de o castro e o Castro de Toroalla en Vigo, comeremos en Baiona onde o remate, faremos unha visita guiada pola vila e remataremos vendo a carabela A Pinta. As inscricións comezarán o 7 de abril e as prazas serán por orden de inscrición.
As inscricións para todas as actividades faranse na web de teo.gal e para os obradoiros haberá servizo de canguraxe cun mínimo de 4 solicitudes para cada obradoiro no correo cim@teo.gal