O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

ACTIVIDADES MES DE MARZO CIM

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Comeza marzo e conmemoramos o Día Internacional da Muller (8 de marzo). Este ano, o vernes 6 ás 19:00 e despois de ler a Declaración Institucional, teremos unha mesa redonda "rompendo o teito de cristal", onde coñeceremos as traxectorias de mulleres importantes de Teo.

O venres 13 ás 19:00 horas faremos a presentación dos traballos realizados polas participantes no obradoiro de bordado de fotos e despois a obra "as mulleres soas" a cargo da compañía de teatro de cámara Ditea.

O mércores 18 realizaremos un obradoiro sobre o libro de Carmen Valiña "as tolas que non ou eran" ás 18:00 horas na biblioteca dos Tilos (haberá servizo de canguraxe cun mínimo de 4 crianzas no correo cim@teo.gal ).

O xoves 26 teremos unha nova andaina "as voces que nos preceden" de 10:30 a 12:30

Todas as actividades son de balde e hai que anotarse en teo.gal

Esperámosvos!!

cartel

Outros eventos por vir