O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

ACTIVIDADES MES DE NOVEMBRO

Data e hora

Localización
Concello de Teo

     Durante o mes de novembro dende o CIM de Teo imos a comezar, o sábado 7 de novembro, cunha saída para ver a exposición  " Os traxes dunha vida" no pazo da cultura de Pontevedra. Faremos unha visita guiada pola exposición cunha duración aproximada de 2 horas e despois teremos un tempiño para facer unha pequena visita á vila. Sairemos ás 09:00h dende o Auditorio Constante Liste e estaremos de volta aproximadamente ás 15:00h. Nesta visita terán preferencia as mulleres do concello de Teo.

     Co gallo do día Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. o mércores 25  ás 18:00h teremos no Auditorio Constante Liste a obra de teatro de Trémola Teatro "Crisálidas",  obra que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación e a violencia. A obra está recomendada para público familiar e ten unha duración aproximada de 50 minutos.

A lectura do manifesto contra a violencia de xénero, terá lugar no salón de plenos durante a sesión plenaria municipal que comezará ás 20:00h.

A inscrición nas actividades abrirase na páxina teo.gal nos próximos días.

Actividades

Outros eventos por vir