O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

ADIADA!. Observación do ceo nocturno no Patrimonio Arqueolóxico.

Data e hora

Localización
Carballeira da Igrexa de Luou
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Por motivos meteorolóxicos esta actividade queda adiada para o venres 22 de xullo ás 22:15 horas.

 

Co verán recentemente estreado volven a Teo clásicos coma a Observación do ceo nocturno no Patrimonio Arqueolóxico.

O Departamento de Cultura, coa colaboración do Colectivo A Rula, programa para este ano tres sesións de aproximadamente 3 horas de duración. A primeira será o venres 15 de xullo ás 22:00 horas. Partiremos da Carballeira da Igrexa de Luou para dirixirnos ao Petroglifo da Pena Bicuda e desde alí descubrir a Astronomía Cultural no noso territorio.

É recomendable levar roupa axeitada e algo para sentar ou pousar no chán.

 

 

Observacións
É necesario que nos indiquen o DNI e data de nacemento, así como tamén o lugar de procedencia. Poden facelo enviando un correo electrónico a entradascultura@teo.gal.

No caso de non poder asistir rogamos que o comuniquen no enderezo electrónico anteriormente facilitado ou ben no teléfono 981 941 063
estrelas
Información PDF
Attachment Size
cartel estrelas actualizado.pdf 759.16 KB

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES