O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Os espazos públicos non se viven igual por todas as persoas.
Dende pequenas aprendemos —a través da socialización de xénero— a ocupar o espazo con máis ou menos liberdade, a estar alerta, a evitar certos lugares ou a adaptar os nosos percorridos.
Nesta andaina imos reflexionar sobre como o xénero condiciona a nosa mobilidade, a percepción de seguridade e a maneira na que habitamos o territorio.
Un espazo para camiñar, compartir e facer visibles as nosas vivencias no espazo público.
📅 Xoves 26 de marzo
⏰ 10.30 – 12.30h
📍 Saída: Capela de Cornide
👶 Teremos servizo de canguraxe dispoñible, para facilitar a participación das mulleres que o precisen. Recordade solicitalo na vosa inscrición!
Porque o territorio non é neutro… e as nosas voces tamén o transforman.
#VocesQueCamiñan #EspazosEnFeminino #MulleresETerritorio #Andainas2026 #Igualdade