O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

ANDAINA TEATRALIZA NA RUTA DA BATALLA DE CACHEIRAS

Data e hora

Localización
Explanada - aparcadoiro da Igrexa de Santa María de Bamonde
Como chegar

Prazas dispoñibles
4
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Nesta andaina teatralizada con guía acompañante, farase un percorrido de 9 km dende a reitoral de Bamonde ata o Alto de Montouto onde a compañía teatral Os Quinquilláns achegan, en diferentes paradas, a historia acontecida no noso territorio o 23 de abril de 1846 con rigor e humor. Trátase dunha ruta de certa dificultade, polo que está indicada para persoas adultas acostumadas a camiñar. Dificultade media - baixa nos primeiros 7 kms e media - alta nos últimos dous kms na subida ao Alto de Montouto (339 m de altitude)

Punto de encontro: Explanada - aparcadoiro da Igrexa de Santa María de Bamonde (aconséllase chegar con antelación á hora de comezo da andaina)

Hora de comezo da experiencia: 10.00 h

Ao remate da andaina, conta cun autobús de volta ao punto de encontro (aparcadoiro da Igrexa en Bamonde)

Observacións
Se precisas anular a túa inscrición agradecémosche que nos avises escribindo a turismo@teo.gal. Graciñas!
A ruta na que te acabas de inscribir ten un percorrido de 9 Km, con certa dificultade. Nese tramo haberá varias paradas teatralizadas que nas que poderedes sentar, beber ou comer algo se vos apetecese, a bebida e comida deberedes traela.
Lembra vir con calzado cómodo para camiñar.
Desexos de pasalo ben!
Inscribirse
BC 26 DE ABRIL

Outros eventos por vir