O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Ao longo da nosa vida adquirimos diversos coñecementos que nos fan modelar a nosa mente, edúcannos e convírtennos nas persoas que somos. Se ben é certo que moitas aprendizaxes son conscientes, existen outras que pasan desapercibidas. Debido a isto, aceptamos crenzas que imposicións que en moitas ocasións, nos oprimen e nos limitan como mulleres. Por este mesmo motivo, esta andaina irá encamiñada a ese proceso de des-aprender, que tan necesario é para vivir en liberdade.
A primeira ruta de novembro será o sábado 5 de novembro con saída ás 10:00 horas.
Partiremos da igrexa de Santo Tomé de Vilariño, e a partir de alí faremos un percorrido de 6 km onde traballaremos e coñeceremos métodos precisos para comezar o proceso de desaprendizaxe do que falamos.
Anímate a facer camiño con nós!
Esta ruta está dirixida a mulleres maiores de idade.