O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

andainas Elas: Non ás violencias ADIADA POLO MAL TEMPO

Data e hora

Localización
Sairemos de Loureiro, lugar da parroquia de Luou
Como chegar

Prazas dispoñibles
21
Inscribirse

Prazas por persoa
4

O vindeiro 19 de novembro levaremos a cabo a nosa 4ª andaina. Por ser novembro un mes no cal se reivindica a loita contra as violencias machistas, detectaremos ao longo do noso camiñar diferentes signos de violencias. A través desta andaina buscaremos como ver e detectar situacións, así como atopar ferramentas en clave de prevención que nos axuden a paliar a lacra social que supoñen as violencias machistas. Todo isto terá lugar na fermosa zona de Loureiro, pola cal camiñaremos construíndo xuntas e creando un clima de seguridade e confianza.

Non o dubides, o 19 de novembro, camiña con nós!

Estade atentas á próxima convocatoria!!!

Observacións
Vide con roupa cómoda, se o final non puidérades vir, mandade correo a cim@teo.gal ou ao teléfono 604081326
Inscribirse
andaina

Outros eventos por vir