O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O vindeiro sábado 10 de maio teremos unha nova andaina para mulleres dentro do ciclo de "con nome propio". Nesta andaina de 5-6 km e dúas horas de duración reflexionaremos sobre as diferentes formas de querer e as relacións afectivas libres de violencias. Analizaremos como aprendemos a querer e a ser queridas, os mitos do amor romántico e as dinámicas tóxicas que poden xurdir. A través de dinámicas participativas, exploraremos maneiras de construir vínculos sans baseados no respecto, o consentimento e a liberdade. Nesta ocasión descubriremos unha muller referente no eido da educación sexo afectiva en Galicia.
A saída será na ponte de Pontevea ás 10:00