O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

ANDAINAS PARA MULLERES CON NOME PROPIO. SEN MEDO

Data e hora

Localización
Cemiterio de Raris
Como chegar

Prazas dispoñibles
11
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Esta andaina de 5-6 km e dúas horas de duración estará centrada no medo como ferramenta de control das mulleres e na necesidade de camiñar libres e seguras. A partir do percorrido, abordaranse as distintas violencias machistas, como se manifestan en cada etapa da vida e que recursos existen para facerlles fronte. Será un espazo para recoñecer as nosas fortalezas, compartir experiencias e reclamar o dereito a vivir sen medo.

Casualmente, a saída será dende o cemiterio de Rarís, para comezar nun ambente moi axeitado.

Animádevos a participar e anotádevos en teo.gal

Observacións
Traede roupa cómoda, auga e protección solar
Inscribirse
andainas

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego