O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Ao trote con Pili Pampín! A véspera do San Martiño en concerto.

Data e hora

Localización
PRAZA CULTURAL DO SAN MARTIÑO
Como chegar

A véspera do San Martiño cántase en Francos! Pili Pampín chega á feira cun concerto para gozar da música en directo e compartir unha noite de festa coa veciñanza.

A súa voz e a súa proximidade co público acompañarannos despois do pregón, nun encontro para deixarse levar pola música e animarse a cantar.

Vide coa familia, coas amizades ou con quen vos apeteza compartir a festa. E non marchedes ao rematar: ás 21.30 h seguimos coa Charanga A Ponte Vella nas polbeiras!

Martes 10 de novembro, ás 20.30 h.
Na Praza Cultural do San Martiño na Carballeira de Francos, Rúa de Francos, Calo, Teo

https://www.facebook.com/pili.pampin.10

https://www.instagram.com/pilipampin?utm_source=ig_web_button_share_sheet&rpxt=ZDNlZDc0MzIxNw==

ENTRADA LIBRE. NON É PRECISO INSCRIBIRSE.

PP

Outros eventos por vir