O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Apego: obradoiro para familias: imprenta creativa

Data e hora

Localización
Biblioteca dos Tilos

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Obradoiro para familias: imprenta creativa, con Alouette Machine

O sábado, 18 de marzo,  ás 11.30 h, na Biblioteca dos Tilos.

Alouette Machine é unha furgoneta-imprenta itinerante con prensas e tipografías que permitirán coñecer como se facían antigamente os libros, carteis, postais ou tarxetas. Un xogo coa plasticidade, coa lingua e co emprego das palabras, explorando e argallando coas formas gráficas.

Dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos. Recomendado a partir de 3 anos.

Prazas limitadas a 40 persoas, de balde con inscrición previa.

Inscricións a partir do 10 de marzo  a través de https://teo.gal/actividades 

imprenta

Outros eventos por vir